miércoles, 4 de abril de 2012

Esquela funeral Matilde Díaz González "Casa Daniel de Vilaxe"

Comunicado para os medios; por Francisco Martínez Bermúdez, Concelleiro de obras, urbanismo e persoal

"Sorprenden as declaracións realizadas polo concelleiro do PP e empresario desta vila, o sr. Francisco Lombardero sobre o suposto trato de favor da concellería de obras á hora de conceder licencias. Sorprende e indignan, porque non so non son axustadas á realidade, se non que mostran un profundo descoñecemento de como funciona a administración local e revelan un uso demagóxico da súa representación política.

Non en van, el mesmo na campaña electoral, andou pregoando aos catro ventos que “e o PP gañaba as eleccións, neste concello non faría falla sacar licencias” algo que amosa ben as claras cal é o seu crédito político.

Debería saber como empresario e concelleiro, que son os técnicos municipais os que avalían as solicitudes de licencias, os que elaboran os informes técnicos, e os que derivan a documentación a outras administración cando as características do proxecto así o esixen polo tanto o prazo maior u menor para a concesión dunha licenza non depende nunca de criterios políticos, se non exclusivamente técnicos.

Con estas afirmacións o único que está a facer o sr. Lombardero é por en cuestión o traballo duns profesionais que non deben o seu posto á actividade política, se non a aprobar unha oposición.

Deste xeito, cando no colmo da desfachatez, acusa ao alcalde de non tratar por igual a todos os veciños, e de favorecer aos seus amigos políticos, ademais de estar mentindo intencionadamente, quizás está pensando na súa empresa, Construcciones Yanes-Lombardero, que ten a mala costume de ocupar a vía pública e facer traballos de reformas e obras sen ningún tipo de licenza.

Este xeito de actuar, non so prexudica ao concello ao que pertence e aos seus veciños, que deixan de percibir os impostos correspondentes, se non tamén aos seus propios traballadores, pois o feito de que unha obra non teña licenza, supón que no caso de sufrir un accidente, o traballador non ten centro de traballo, e polo tanto están desprovistos de cobertura legal.

Por todo isto, o señor Lombardero, en lugar de perder o tempo calumniando ao goberno local, debería asumir con maior rigor as súas obrigas como concelleiro e como empresario, e respectar un pouco máis a lexislación e a uns funcionarios que a diferenza del, si compren coa normativa vixente.

Lanzando nos medios este tipo de calumnias, o sr. Lombardero, deixa ben as claras cal é a súa categoría como político e como persoa.

Francisco Martínez Bermúdez
Concelleiro de obras, urbanismo e persoal"

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.