miércoles, 26 de noviembre de 2008

FOLGA ESTUDIANTIL 26 DE NOVEMBRO


A maior parte dos rapaces da pontenova de 3º, 4º e bacharelato foron hoxe a unha folga co lema "paremos as agresions contra o galego". Moitos deles seguramente nin se enteraron nin cal e o lema, nin o que se pretende con esta folga. Eles con tal de non asistir a clase xa apoian a folga, e a maioria dos pais e nais destes mozos tampouco se enteran e deixan que o seu fillo falte as clases cando estamos nun momento transcendental do curso. Eu deixovos a continuación os motivos da folga e despois que cada un saque as suas conclusions, pero que polo menos sepades o motivo polo que hoxe non asistides as aulas.
-----------JAVIER ACEBRAS--------------

Sigue leyendo...




Hai dous anos, houbo un paro xeral nos institutos para reivindicarlle á Consellaría de Educación que tomase medidas en defensa do galego no ensino. O éxito desa folga, coa participación de máis de 60.000 estudantes segundo datos oficiais, foi fundamental para que a Consellaría de Educación tivese que elaborar unha nova norma de galeguización do ensino, o decreto 124/2007.

Comezado un novo curso, vemos con preocupación como se esfarelan as boas expectativas que había sobre a aplicación deste decreto. A realidade é que:

* Na maior parte dos centros non se cumpre coa lexislación;
* a Consellaría de Educación aínda non fixo públicos datos nin avaliacións reais sobre o grao de aplicación do decreto no curso pasado (malia o propio decreto indicar que ten que facerse);
* seguen sen pórse en funcionamento as medidas e os medios demandados desde a comunidade educativa.

Todos os adiantos experimentados pola nosa lingua foron sempre froito da reivindicación, moitas veces protagonizada pola xente nova. Visto que é a saída que nos deixan, chamamos a parar as aulas o vindeiro 26 de novembro. Pararemos a inactividade da Consellaría de Educación. Pararemos as agresións ao idioma de Galiza.

Preocúpanos moito tamén a vaga de declaracións e accións contra a lingua do país que se están producindo case a diario desde os sectores máis reaccionarios. Teledirixidos por poderosos grupos económicos, políticos e mediáticos de fóra de Galiza, din defender cinicamente o “bilingüismo” e a “liberdade” cando na realidade só pretenden seguir marxinando o noso idioma, mantelo desamparado e, finalmente, facelo desaparecer.

Pararemos os institutos para dicirlle a eses grupos que os estudantes de Galiza defendemos o noso idioma. Falemos castelán ou falemos galego, queremos que se tomen medidas de apoio a un vínculo que nos une como galegas e galegos, que é unha riqueza común e un patrimonio para a humanidade.

Contra estes ataques que nos queren negar a voz e os dereitos tamén é necesario que nos movamos. Digámoslles que a inmensa maioría das galegas e dos galegos desexamos para o galego o mellor dos futuros. Porque garantir o futuro da nosa lingua é garantirmos o noso propio futuro.


VOLVER

Darío Campos pretende aprobar en un mismo pleno los presupuestos de 2008 y 2009


El alcalde de A Pontenova, Darío Campos, ha convocado un pleno extraordinario para mañana, a las ocho de la tarde, con el objetivo de debatir y aprobar en una misma sesión los presupuestos del año 2008 y del 2009.

El pp de A Pontenova se siente ignorado y despreciado...



Esto ha provocado las críticas del PP, quien acusa al regidor socialista de ignorar y despreciar a la oposición y de burlarse de la democracia. Dice el edil popular , Jorge García, que recibió la convocatoria el lunes, de modo que hasta ayer no pudo recoger la documentación de los presupuestos. En consecuencia -dice- el PP apenas tiene tiempo para estudiarlos y dar su opinión en el punto más importante de la vida municipal de A Pontenova. García acusa a Campos y al PSOE de prepotentes y anuncia que solicitará que el pleno se aplace.

VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.