sábado, 31 de marzo de 2012

El lucense Luis Méndez logra el campanu del Eo

El santirseño coto de A Pena dio ayer, como pronosticaron los ribereños al inicio de la campaña, el primer salmón de la temporada en el Eo. El campanu del río más occidental de Asturias pesó 3,6 kilos y fue sacado a tierra por el pescador lucense Luis Méndez.

Sobre las seis de la tarde, en el que era el primer lance de su jornada de pesca, Méndez logró capturar el preciado salmón, el primer campanu de su vida. Es pescador habitual del Eo, ya que es vecino del municipio lucense de A Pontenova, en la zona gallega del río. «Empecé a pescar con mi padre, cuando era niño», explicó.

Méndez, que recibió la ayuda de su hermano Pablo y de su amigo Gabriel Pérez, pescó el salmón a mosca. Ayer se mostró emocionado por la captura y aseguró que se comerá la pieza acompañado de sus amigos y su familia. «Le haré alguna foto primero y después nos lo comeremos», bromeó.

Asegura que su buen tino fue cuestión de suerte, ya que el río está demasiado bajo de agua. Es el comentario habitual de los ribereños, aunque aseguran que se ve algún que otro salmón.

Ayer en el coto, apoyado en el puente que da acceso a la capital santirseña, el gancheiro José Pérez se mostró satisfecho con que el Eo empiece a engrosar su lista de capturas. «El domingo cambia la normativa y se permitirán todos los cebos, lo que siempre es más efectivo y animará más la presencia de pescadores en las riberas. Pero salmones hay, éste es el mejor río del mundo». Este experimentado gancheiro, más conocido como Pepe «el Barbas» sólo pide un poco de lluvia que consiga hacer crecer el caudal del río medio metro. «Así estaría perfecto», asegura.

El campanu del Eo no fue el único ejemplar de la jornada, ya que el Narcea, el río más prolífico en lo que va de campaña, dejó también un salmón ayer, el sexto de la temporada en este río y el décimo en lo que va de campaña en Asturias.

Lo capturó el deportista moscón José Luis Álvarez Galán, y lo hizo a cucharilla. El ejemplar daba un peso en la báscula de 6,9 kilos y fue conseguido en la zona baja del río.

En el resto de los ríos asturianos la jornada no dejó más capturas. En el Sella y el Cares el caudal continúa algo bajo y los pescadores apenas sí ven algún ejemplar. Algo parecido sucede en el río Esva.

A partir de mañana también se ampliará el horario de pesca, que pasará a ser de 7.40 de la mañana a 21.15 horas.

 www.lne.es/  T. CASCUDO

Crónica da maratón de Barcelona 2012.


Por Breogán Valcárcel
Conta a lenda que o soldado grego Filípides, no ano 490 antes de Cristo, correu a distancia que hai entre a vila de Maratón a Atenas, uns 40 km, para comunicar a vitoria dos atenienses sobre os persas inimigos. Tal foi o esforzo que o valeroso home só puido dicir “Vitoria” e faleceu de fatiga e agotamento.
 Esta xesta épica serviu de pretexto ao movimento olimpista para instaurar esta proba atlética de fondo a finais do S.XIX. En 1908 quedou establecida a distancia oficial de 42km e 195 m, por cousas do azar, pois era a distancia que había entre a cidade inglesa de Windsor e o palco do estadio White City de Londres, onde se atopaba a raíña de Inglaterra.
 O certo é que esta compoñente mítica da maratón, xunto ca dificultade medida da distancia, fan desta proba o reto por antonomasia de todo corredor ou corredora de fondo. E para @s riguiletes e albións tamén!
 E alá se presentaron en Barcelona a fin de semana do 25 de Marzo de 2012 Miriam Rivas dende Calahorra, Ventura, Breogán e Santi Coladas dende Galicia e Fernando Morado dende Mallorca, dispostos a completar a xesta levando o nome da Pontenova no peito.
 Máis alá da proba en sí, a vivencia contempla unha variedade de experiencias que van dende os meses previos de coidados entrenamentos ca incerteza de se poderás co reto, ata a complicidade dos momentos vividos nunha fin de semana moi intensa.
 O Sábado pola tarde noite, a amiga italiana Francesca, deleitounos cunha soberbia pasta italiana que sen dúbida nos encheu de enerxía, ademais de marabillar o paladar! A noite previa a unha competición coma esta, sempre é un mar de dúbidas, un desasosego ante a necesidade de durmir. Ao final Morfeo acaba vencendo os nervios.
 O Domingo ás 7:30 da mañá reunímonos @s aprendices de atletas no hotel de “concentración” e marchamos cara o lugar de saída, preto da Praza de Espanya e das fontes de Montjuic. Unha vez alí, Fer, Miriam, Ventura e máis eu situámonos na cola da marea de xente que participaba. Case 20000 inscritos!, dos que case a metade eran estranxeiros atraídos polos encantos turísticos da cidade condal, o cal lle dá á proba un aire diverso e cosmopolita, onde cadaquén dalgunha maneira expresa o orgullo da súa orixe. Había tanta xente que houbo que dar a saída, a partir das 8:30, en tres tandas, e nós pasamos pola liña de saída máis de 15 minutos máis tarde que os primeiros atletas.
 E comezamos a correr, a suspirar polo que nos quedaba por diante! O recorrido da maratón é moi atractivo e cómodo, transcorre integramente polo núcleo central da cidade. Pasamos polo Camp Nou, pola Gran Vía, por Passeig de Gràcia e La Pedrera, pola Sagrada Família, pola Meridiana... os primeiros km foron transcorrendo dunha maneira entretida e distendida, falando entre nós, facendo bromas, observando as rúas e a xente, vendo anécdotas singulares. Por exemplo un home veterano que corría descalzo, outro que corría botando unha pelota de baloncesto, un grupo de xente que levaba un cabezudo!, atletas disfrazados. E por suposto unha cidade volcada e animando que che poñía muitas veces a pel de galiña. Ao levar o nome ben grande no dorsal a xente anímate mencionándote directamente. E non sabemos porqué, pero o público masculino animaba especialmente a Miriam... ;) Vamos Miriam!, Vamos Miriam!
 No km 21 uniuse ao grupo o amigo e riguilete de Barcelona Octavio, canario afincado en Barcelona e compañeiro de batallas e “curses” (carreiras en catalán) de Fer e Breo, cando estes vivían alí. Seguiron discorrendo os km placidamente e enfilamos cara a zona de Diagonal Mar e a Torre Agbar, achengádonos ao momento decisivo dos 30 km. Nesta zona a presencia de público era incrible, escoitabas os gritos e acenos da xente coma se foras un ciclista subindo o Tourmalet. No km 27 tamén se nos uniu outro amigo riguilete afincado en Barcelona, Suso Mon, de orixe galega, disposto a axudarnos ca última parte da proba, sabedor, el que ten 4 maratóns ás súas costas, entre eles o de New York, que se aproximaba o temido “muro” que todo maratoniano coñece.
 A partir do km 30 a dinámica de unidade do grupo esfarelouse. Ventura, que vén arrastrando problemas musculares nunha perna desde fai meses, decidiu parar, tal como tiña adiantado, neste punto, para ir andando e correndo aos poucos. Miriam e máis eu tiramos diante e, sen darnos conta, perdemos a Fer de vista, quen pouco despois da parada de Ventura faría o mesmo para avituallarse ben e facer os últimos km.
 Por tanto Miriam e máis eu iamos diante e Ventura e Fer acabarían xuntándose e facendo camiño. Chegado o km 32 comecei a notar a fatiga, iso que no argot se chama o “muro”, a “pájara”, o “home do mazo”. As pernas comezaron a fallar, xa non querían levantarse ca cadencia normal. Comecei a regañar os dentes, a cabeza tampouco quería ir ergueita, tendía a mirar para o chan. Tocaba sofrer! Deixei de falar, de rir, e os ánimos e aplausos da xente comezaron a ser un balbordo de fondo que me deixou de importar. Sei que un home berrou: “Venga, se acabaron los hidratos de los spaguettis, ahora a tirar de grasas!”. Descoñezo as razóns científicas do chamado “muro”, pero comprobei nas miñas propias carnes os efectos do mesmo. Coa ralentización do ritmo Miriam tiña que ir agardadando por min e o amigo Suso Mon conectou con nós e díxonos: “Non me faledes, só pensade e seguídeme!” Iso fixemos. Iamos polo tramo do paseo marítimo de Barcelona.
 Así foi pasando o tempo. Miriam e Suso ata me axudaban para coller líquido nos avituallamentos. No km 35, chegando xa a Plaça Catalunya, despois de pasar por debaixo de Arc del Trioumf, comezoume a doer un pé e díxenlle a Miriam “Vou parar”. E Suso Mon díxome: “Non pares, non pares! Pensas que vas morrer, pero non vas morrer!” E fíxenlle caso, tanto caso lle fixen que nos plantamos na longa recta final da Av. Paral·lel, a pouco máis de 2 km da meta. Ata me daban pinchazos polo tronco adiante! Pero unha vez chegados a esta Avenida xa souben que o traballo estaba feito, xa me relaxei, recuperei a voz e ata un pouco os folgos. A escasos 400 metros para o final Suso retirouse como o fan as boas lebres, e Miriam e eu agradecémoslle fondamente a axuda prestada. Chegamos a Plaça Espanya e dobramos os últimos 200 m para chegar a meta. Démonos a man, encaramos os metros finais e cruzamos a liña de meta. Miriam ríndose e eu ca ledicia por dentro, pero desfondado. Despois de pasar o control de saída, onde che daban bebida, había unha zona de asfalto onde a xente se sentaba ou se deitaba directamente no chan. A preparación facía que non estivesemos totalmente desfeitos, pero acababamos de facer 42 km! en 4 horas e 4 minutos. A sensación de cansancio que experimentei nunca a tivera antes. Primeiro as ganas que tiñan os meus pés de liberarse das zapatillas, despois dos miles de impactos recibidos sobre o asfalto. Despois as ganas de tirarme no chan. Miriam sentouse á primeira, eu á terceira. Ás pernas e os xeonllos non querían dobrar. Non podía dobrar as pernas!
 A maratón ten muitos momentos emocionantes, cos sentimentos a fror de pel. O sinxelo feito de facela xa te emociona. Son varios os instantes en que as bágoas ameazan con aparecer polos ollos, reprimíndose despois. Por exemplo nos lugares onde había centos de persoas animando. Pero de todos eses momentos quédome co momento en que estando descansando no chan Miriam e eu chegaron Fer e meu pai, Ventura, e nos demos todos unha aperta, ca complicidade de ter cumprido o gran reto. Obviamente, e especiamente, emocionoume o abrazo co meu pai, o principal responsable de que estiveramos alí.
 Mención aparte merece Santi Coladas, que xogaba noutra división. Fixo un tempo de 3 horas 23 minutos, un tempazo que demostra a súa resistencia e calidade. Parabéns para el.
 Ben amigos e amigas, isto é o que hai. A pesar de que os últimos se fan duros, ben preparada a maratón é asequible e non chegamos a pasalo tan mal como para dicir que non voltamos. De feito, voltaremos. Xa hai data para o ano que vén, o 17 de Marzo de 2013, e temos que ir máis albións, máis riguiletes, e avisamos con tempo para que vos vaiades preparando. Para o ano a marea verde ten que dar que falar!
Mais fotos aquí.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.