jueves, 12 de junio de 2008

«O turismo na Mariña e en xeral en Galicia non se vai resentir pola crise».


-Unha das cruces da Dirección Xeral de Turismo é a ferrería de Bogo, en A Pontenova. Moito se falou de multar ós propietarios, de obrigar a darlle un contido turístico... pero o certo é que os donos téñena á venta sen saber que futuro se lle vai dar.
-Poñela á venta é unha fórmula, pero imos ver outras alternativas. Temos algunhas enriba da mesa e queriamos este mes ou o que ven darlle algunha saída. Aparte de que os donos podan vendela, a nós o que nos interesa é que se poda visitar. É certo que todo se foi retrasando un pouco, pero...

Sigue leyendo...



Rubén Lois considera que o número de visitantes vaise incrementar no verán, aínda que o gasto podería ser menor como consecuencia da desaceleración económica.O director xeral de Turismo, Rubén Lois, amósase convencido de que a crise económica non vai reducir a afluencia de visitantes a Galicia en xeral e á Mariña en particular. A súa non é unha mensaxe de tranquilidade á opinión pública -di- senón unha opinión baseada nos datos dos que se dispón, nos que Galicia e Asturias teñen un comportamento positivo en turismo. «Non é que vaia a haber unha subida espectacular, como o ano pasado, pero vai a ir ben», di.

-A crise, pois, non incide no turismo.

-Non é eso. O que ocorre é que se nota menos, porque a xente non vai deixar de vir de vacacións. Pode baixar o gasto, que a xente mire máis onde e como gasta os cartos, pero as vacacións xa se consideran un gasto habitual dos cidadáns, non un extra. Ese é o escenario no que nos movemos nas valoracións. Creo que este ano imos manter o ritmo, cunhos pequenos crecementos no número de turistas, do dous ou do tres por cento. Outra cousa é o gasto.

-Vostede sempre incide en que A Mariña é un destino moi valorado polos visitantes.

-É certo, por iso o que hai que facer é promocionar a comarca no exterior. O consorcio turístico de concellos vai nesa liña. Creo que se hai unha cooperación entre todos os concellos, o sector privado e o público, pódense comezar a ofertar paquetes turísticos, relacionado o interior e a costa da comarca, os cascos históricos coa paisaxes, etcétera, que resulten moi atractivos. O turismo na Mariña ten marxe para medrar.

-¿E para cando o consorcio?

-Este ano. A parte burocrática vai un pouco lenta, pero é normal, porque hai que ofrecer unhas garantías.

-Vostede asiste hoxe á inauguración da delegación da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo en A Mariña -na rúa Lugo, número 1, de Foz-. ¿Que lle parece esta descentralización?

-Penso que se fai con bo criterio. Lugo é unha provincia diversa e tras a apertura da sede de Monforte, o ano pasado, agora era lóxico que se abrira en A Mariña. Isto ten moitas vantaxes, porque estas asociacións desenvolven bastantes servizos para os socios e dan atención ao público. Logo, todo é sempre moito máis doado descentralizando o traballo burocrático.

-Unha das cruces da Dirección Xeral de Turismo é a ferrería de Bogo, en A Pontenova. Moito se falou de multar ós propietarios, de obrigar a darlle un contido turístico... pero o certo é que os donos téñena á venta sen saber que futuro se lle vai dar.

-Poñela á venta é unha fórmula, pero imos ver outras alternativas. Temos algunhas enriba da mesa e queriamos este mes ou o que ven darlle algunha saída. Aparte de que os donos podan vendela, a nós o que nos interesa é que se poda visitar. É certo que todo se foi retrasando un pouco, pero...
VOLVER

Besteiro, satisfecho de la inclusión de la variante oeste en el Plan Director de Estradas de Galicia.


Gómez Besteiro también se refirió a las carreteras de la red secundaria que comunicarán el centro con el sur y el este con el oeste. Indicó así «o caso da montaña e o eixo que vai desde A Pontenova, pasando por Baleira e O Courel». Añadió: «Con estas estradas, que aproveitará a consellería, a provincia quedará perfectamente comunicada; esta era a verdadeira loita: superar o illamento da provincia».

Sigue leyendo...



Gómez Besteiro se mostró ayer convencido de que el citado plan mejorará el desarrollo de la provincia. En este sentido resaltó la previsión del corredor de A Mariña y el enlace de Baamonde con Santiago. Así, «a zona que se vertebra entorno a A-6 convertirase nun punto de transferencia de mercancías moi importante non só para Lugo senón para toda Galicia».VOLVER
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.