jueves, 12 de junio de 2008

«O turismo na Mariña e en xeral en Galicia non se vai resentir pola crise».


-Unha das cruces da Dirección Xeral de Turismo é a ferrería de Bogo, en A Pontenova. Moito se falou de multar ós propietarios, de obrigar a darlle un contido turístico... pero o certo é que os donos téñena á venta sen saber que futuro se lle vai dar.
-Poñela á venta é unha fórmula, pero imos ver outras alternativas. Temos algunhas enriba da mesa e queriamos este mes ou o que ven darlle algunha saída. Aparte de que os donos podan vendela, a nós o que nos interesa é que se poda visitar. É certo que todo se foi retrasando un pouco, pero...

Sigue leyendo...



Rubén Lois considera que o número de visitantes vaise incrementar no verán, aínda que o gasto podería ser menor como consecuencia da desaceleración económica.O director xeral de Turismo, Rubén Lois, amósase convencido de que a crise económica non vai reducir a afluencia de visitantes a Galicia en xeral e á Mariña en particular. A súa non é unha mensaxe de tranquilidade á opinión pública -di- senón unha opinión baseada nos datos dos que se dispón, nos que Galicia e Asturias teñen un comportamento positivo en turismo. «Non é que vaia a haber unha subida espectacular, como o ano pasado, pero vai a ir ben», di.

-A crise, pois, non incide no turismo.

-Non é eso. O que ocorre é que se nota menos, porque a xente non vai deixar de vir de vacacións. Pode baixar o gasto, que a xente mire máis onde e como gasta os cartos, pero as vacacións xa se consideran un gasto habitual dos cidadáns, non un extra. Ese é o escenario no que nos movemos nas valoracións. Creo que este ano imos manter o ritmo, cunhos pequenos crecementos no número de turistas, do dous ou do tres por cento. Outra cousa é o gasto.

-Vostede sempre incide en que A Mariña é un destino moi valorado polos visitantes.

-É certo, por iso o que hai que facer é promocionar a comarca no exterior. O consorcio turístico de concellos vai nesa liña. Creo que se hai unha cooperación entre todos os concellos, o sector privado e o público, pódense comezar a ofertar paquetes turísticos, relacionado o interior e a costa da comarca, os cascos históricos coa paisaxes, etcétera, que resulten moi atractivos. O turismo na Mariña ten marxe para medrar.

-¿E para cando o consorcio?

-Este ano. A parte burocrática vai un pouco lenta, pero é normal, porque hai que ofrecer unhas garantías.

-Vostede asiste hoxe á inauguración da delegación da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo en A Mariña -na rúa Lugo, número 1, de Foz-. ¿Que lle parece esta descentralización?

-Penso que se fai con bo criterio. Lugo é unha provincia diversa e tras a apertura da sede de Monforte, o ano pasado, agora era lóxico que se abrira en A Mariña. Isto ten moitas vantaxes, porque estas asociacións desenvolven bastantes servizos para os socios e dan atención ao público. Logo, todo é sempre moito máis doado descentralizando o traballo burocrático.

-Unha das cruces da Dirección Xeral de Turismo é a ferrería de Bogo, en A Pontenova. Moito se falou de multar ós propietarios, de obrigar a darlle un contido turístico... pero o certo é que os donos téñena á venta sen saber que futuro se lle vai dar.

-Poñela á venta é unha fórmula, pero imos ver outras alternativas. Temos algunhas enriba da mesa e queriamos este mes ou o que ven darlle algunha saída. Aparte de que os donos podan vendela, a nós o que nos interesa é que se poda visitar. É certo que todo se foi retrasando un pouco, pero...
VOLVER
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.