lunes, 6 de diciembre de 2010

Despedísteisvos xa? Porque se non é así, chegades tarde!

Hoxe foi o principio do fin desta ponte. Ao longo do tempo deu moito servizo a persoas, coches, camións, caravanas, motos,... pero hoxe foi o seu último día. Aínda non a quitaron de todo. O que fixeron foi calzar ben a grúa, privar o tráfico da rúa Do Río, preparar todo o material e ferramentas, cortar e retirar as barandillas, quitaron o asfalto... e a cortar cunhas radiales o que son as beirarrúas para ser retiradas pola grúa. Polo de agora só quitaron as beirarrúas dunha metade da ponte (do pilar da ponte hacia a Casa do Concello).
Saquei unhas cantas fotos (xa sei que son poucas), pero supoño que se subirán máis durante os próximos días.
Agora, queda esperar a que terminen de todo a nova ponte, que xa tivo bastante tráfico hoxe (teño que recoñecer que se me fixo moi raro saír á carretera nacional a esa altura da Pontenova!), e que poñan outra no sitio desta.
P.D.: Ten habido domingos de feira con menos xente que a que houbo hoxe mirando esta obra (e non é para menos) anque nas miñas fotos non se aprecie ben.

Ruta Valle del Lago

Carlos, de Autos Chapas, pasounos estas fotos da ruta polo Parque Natural de Somiedo (Asturias) que se celebrou o 31 de outubro.
Moitas gracias polas fotos, así da gusto!
  

II Ruta-Magosto de Outono na Seimeira

Aquí están as fotos da II Ruta-Magosto de Outono na Seimeira. A saída foi dende Sanxés e remataron na Ermida de Vilaboa parando antes a come-las castañas no Machuco. Agradecerlle a Carlos de Autos Chapas pola súa aportación fotográfica e aos organizadores e colaboradores por levar a cabo este evento.
Organizou:                                                     Colaborou:
  

Foto enviada por Agustin


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.