lunes, 6 de diciembre de 2010

Despedísteisvos xa? Porque se non é así, chegades tarde!

Hoxe foi o principio do fin desta ponte. Ao longo do tempo deu moito servizo a persoas, coches, camións, caravanas, motos,... pero hoxe foi o seu último día. Aínda non a quitaron de todo. O que fixeron foi calzar ben a grúa, privar o tráfico da rúa Do Río, preparar todo o material e ferramentas, cortar e retirar as barandillas, quitaron o asfalto... e a cortar cunhas radiales o que son as beirarrúas para ser retiradas pola grúa. Polo de agora só quitaron as beirarrúas dunha metade da ponte (do pilar da ponte hacia a Casa do Concello).
Saquei unhas cantas fotos (xa sei que son poucas), pero supoño que se subirán máis durante os próximos días.
Agora, queda esperar a que terminen de todo a nova ponte, que xa tivo bastante tráfico hoxe (teño que recoñecer que se me fixo moi raro saír á carretera nacional a esa altura da Pontenova!), e que poñan outra no sitio desta.
P.D.: Ten habido domingos de feira con menos xente que a que houbo hoxe mirando esta obra (e non é para menos) anque nas miñas fotos non se aprecie ben.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.