sábado, 9 de junio de 2012

IV travesia das fragas do Alto Eume

IV travesia das fragas do Alto Eume
Un ano mais o club de Montaña O Caxado organiza unha travesía por terras do concello de As Pontes, este ano realizase una ruta de 19 km a cal está homologada na federación galega de montaña de rutas. Como PR-G 147 ou pola contra a mesma ruta cunha variante con percorrido novo e resultando una ruta de 28km.  As duas rutas rematan no punto de partida.
1. A ruta de 19km denominada Pr-g 147 e de dificultade media  apta para calquera público con un mínimo de preparación Fisica.
2. Pola contra a ruta de 28 km e de una esixencia forte sendo de dificultade Media-alta debido a orografía do terreo polo que transcurre, así mesmo polo desnivel acadado. Enlazando a medio percorrido coa ruta pr.g 147.
3. Existirán  puntos de avituallamiento tanto sólido como líquido.
4. A organización poñera un vehículo a disposición dos asistentes que desexen abandonar  voluntariamente a proba, debido a calquera problema, os cales deberán facelo nos puntos de avituallamiento ou avisando no teléfono que se facilitará.  Apartir das 8:00 a.m. poderánse recoller os dorsais, na porta do pabellón municipal das Pontes. A saída será o 8 de xullo as 9:00 a.m.



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.