sábado, 9 de junio de 2012

IV travesia das fragas do Alto Eume

IV travesia das fragas do Alto Eume
Un ano mais o club de Montaña O Caxado organiza unha travesía por terras do concello de As Pontes, este ano realizase una ruta de 19 km a cal está homologada na federación galega de montaña de rutas. Como PR-G 147 ou pola contra a mesma ruta cunha variante con percorrido novo e resultando una ruta de 28km.  As duas rutas rematan no punto de partida.
1. A ruta de 19km denominada Pr-g 147 e de dificultade media  apta para calquera público con un mínimo de preparación Fisica.
2. Pola contra a ruta de 28 km e de una esixencia forte sendo de dificultade Media-alta debido a orografía do terreo polo que transcurre, así mesmo polo desnivel acadado. Enlazando a medio percorrido coa ruta pr.g 147.
3. Existirán  puntos de avituallamiento tanto sólido como líquido.
4. A organización poñera un vehículo a disposición dos asistentes que desexen abandonar  voluntariamente a proba, debido a calquera problema, os cales deberán facelo nos puntos de avituallamiento ou avisando no teléfono que se facilitará.  Apartir das 8:00 a.m. poderánse recoller os dorsais, na porta do pabellón municipal das Pontes. A saída será o 8 de xullo as 9:00 a.m.







  
Canoas
Este ano como novidade en colaboura có  grupo Xuvenil de piragüismo, queremos ofrecer a oportunidade a tod@s  aqueles mais aventureiros, que desexen facer os últimos 3km en autovaciable (canoa de iniciación), ata a muralla do encoro da ribeira, para despois rematar  andando o último quilómetro ata chegar o punto de inicio.
1. Para participar na actividade de canoa e insprescindible saber nadar, así como ser maior de idade, de non ser así e obrigatorio unha autorización paterna.
2. Para a modalidade de Travesía mais canoa e insprecindible anotarse antes do dia 6  de xuño para poder organizar debidamente esta actividade.
3. A organización faráse cargo do transporte de todo o material preciso para realizar esta actividade,  chalecos, canoas, mochilas, etc. Ata o punto de embarque, e así mesmo o remate da baixada voltará trasladalo ata o punto de Chegada.
4. O número máximo de participantes nesta proba será de 80.

Par poder participar nesta acitividade será necesario apuntarse  no formulario que o clube ten na páxina, ou solicitandoo persoalmente nas oficinas do club os  martes de 19:30 a 21:00, e posteriormente ingresando na conta do BANCO GALLEGO as cantidades seguintes, indicando o nome do participante. Nº de conta 0046 – 0262 – 85 – 0000052329.

INSCRIPCIONS ATA O 25 DE XUÑO.                  
• Travesía  socios 6€
• Travesía non socios 12€
• Travesía + canoa 15€

INSCRIPCIONS DESPOIS DO 25 DE XUÑO.
• Travesía socios 8€
• Travesía non socios 15€
• Travesía + canoa 20€

E necesario apuntarse antes do día 6 de xullo das 20:00 para poder tramitar o seguro personalizado de cada participante, todos aqueles que se apunten despois desta hora non poderán participar nesta proba.

O remate da ruta todos os asistentes que o desexen poderán usar as instalación do pabellón municipal para ducharse e cambiarse cómodamente.  Todos aqueles que desexen vir o día anterior dipoñerán das instalación do pavillón municipal para poder pernortar, ou no parque de D. Rita para dormir en
tenda de campaña.

A continuación todos os asistentes poderán disfrutar dunha comida  ofrecida pola organización, haberá un agasallo para todos os asistentes, así como un sorteo de obsequios donados por distintas entidades da localidade.

A organización non se fará cargo dos danos que podan sufrir os participantes durante a duración da proba, a si mesmo reservanse o dereito a  modificar as regras anteriores en función da seguridade dos participantes no transcurso da mesma.

E preciso anotarse antes para que a organización poida contar cos medios correctos para dita proba, polo que esencial anotarse antes do día 6 de Xullo do 2012.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.