lunes, 17 de octubre de 2016

RECORDATORIO: Cea xeración 1957 e 1960

Resultado de imagen de 1957Resultado de imagen de 1960

FOTO OFICIAL TEMPORADA 2016 - 2017

SPORTING PONTENOVA
SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 6
TEMPORADA 2016-2017

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL

SPORTING PONTENOVA 3 - S.D. POL 1


Sp. Pontenova: Rubenón, Luis, Hector (Bruno), Davicin, Villi, Andrés Bouza, Roi, Jorgin (Cristian), Tontxu (Ivan Fdz), Borja Lombardero (Adrian Pasarin) e Matelo (Puente).


Goles: Matelo II e Héctor

O Sporting Pontenova conseguiu un novo triunfo, este vez fronte a un bo e combativo Pol, que lles puxo as cousas moi dificiles ao equipo de Dani Moirón.

Comezaba o partido da mellor forma posible, xa que aos 10 segundos Matelo establecía o 1-0 tras unha boa asistencia de Jorgín. O Sporting Pontenova non soubo manter a vantaxe e antes do descanso, Turbo establecía as táboas no marcador, resultado co que se chegaría ao descanso. 

Na segunda metade, o equipo local saíu decidido a por todas, froito diso Matelo provocaría un penalti, que o central Héctor se encargaría de transformar. Dez minutos mais tarde, o propio Matelo, tras un bo pase de Davicín establecería o definitivo 3-1. Dende ahí ata o final o Sporting adicouse a manter a vantaxe no marcador e incluso tivo ocasións para aumentar o marcador. 

Con este resultado o equipo da Mina colócase na primeira posición da Liga, despois de sete partidos disputados. Conta os seus partidos como local por victorias e acaba de encadear o terceiro triunfo consecutivo.

Na vindeira xornada o equipo desprázase ao Campo da Granda, en Rúa para medirse a S.D. Candelaria, nun encontro que terá lugar o Sábado 22.10.2016 con horarios aínda sen confirmar. Saída dificil para o cadro gualdinegro que tentará seguir na boa liña e traer algo positivo de terras mariñáns.  


PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

VIVEIRO C.F. "B" 4 - SPORTING PONTENOVA 0

Sp. Pontenova: Diego, Alberte, Anxo, Cubelas, Iván, Javi, Roi, Mateo, Fran, Marcos e Andrei, Tamén xogaron: Pedro, Joselu, Nabriga e Dani da costa.

O Viveiro "B" segue sumando por vitorias todos os encontros esta tempada, demostrando que é un líder sólido ao asinar partidos como o do pasado sábado no Cembedo ante o sporting Pontenova. 

O equipo local saltou ao campo con moita intensidade, con moita posesión e roubando rápido tras perda. Desta forma levaron o marcador ata o tres a cero ao descanso.

Xa na segunda metade o Sporting mellorou, tivo mais posesión e creou algunha ocasión por medio de Andrei, pero sería o Viveiro "B" o que conseguiría anotar outro tanto para cerrar o marcador co definitivo 4-0.

A vindeira xornada o equipo de Andrés Bouza recibe a Residencia "B" no Campo da Mina.

¡AÚPA SPORTING!

Floristería AZU en A Pontenova

 

120 mariñanos aspiran a 60 plazas del plan de formación y empleo Avanza


Resultado de imagen de plan avanza
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.