miércoles, 11 de mayo de 2011

Candidaturas eleccións municipais A Pontenova 1979. Suxerencias, Contacta

Nombre:Eloi Treitas
Asunto:Candidaturas eleccións municipais A Pontenova 1979
Mensaje:Ola,

Chámome Eloi Treitas, vivo na Coruña e son natural de Riotorto, aínda que parte das miñas raíces están na Pontenova, pois a miña avoa materna era natural de Rececende

Antes de nada, parabéns pola páxina e polo traballo que facedes para dar a coñecer o que pasa na Pontenova.

Envíovos un documento histórico que penso que pode ser interesante para a páxina, trátase das candidaturas que se presentaron na Pontenova ás primeiras eleccións municipais celebradas tralo fin da dictadura, que tiveron lugar o 3 de abril de 1979. Uns pequenos apuntes sobre os partidos:

Coalición Democrática (CD) era unha coalición de centro-dereita que incluía, entre outros, a Alianza Popular, antecesora do actual Partido Popular.

Unión de Centro Democrático (UCD), era unha coalición de centro que gobernou España entre 1977 e 1982.

O Bloque Nacional Popular Galego (BNPG) era unha forza nacionalista galega de esquerdas, antecesora do actual Bloque Nacionalista Galego

A Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) era unha organización de extrema esquerda (concretamente "marxista-leninista de corte maoísta", segundo a Wikipedia) que presentou candidaturas en toda España, aínda que no caso da Pontenova, parece que con xente de fóra (a xulgar polos apelidos).

Os resultados foron os seguintes:
CD - 1226 votos, 7 concelleiros
UCD - 714 votos, 4 concelleiros
BNPG - 160 votos, 0 concelleiros (aínda que quedou a 16 votos de acadar representación)
A ORT non aparece no reconto, non sei se por que retirou a candidatura ou porque non obtivo ningún voto.

A primeira corporación democrática da Pontenova, por tanto, debeu quedar así:

CD

Eustaquio García Barcia (alcalde)
Antonio Rodríguez Trevín
José Carballeira Rigueiro
Juan José Alonso Rodríguez
José Conde Méndez
Fernando Rego García
Marcelino Méndez Álvarez

UCD

Marcelino Fernández Ferrería
Jesús Rivas Nogueira
Claudio Martínez Alonso
José Avelino González Fernández

A ver se, unha vez publicado, a xente aporta máis información. Teño tamén as seguintes corporacións ata a actualidade, xa volas mandarei

Saúdos (e desculpas pola extensión do texto)

Veo veo

Sportin Pontenova 1998/99. Ascenso a 3ª división



A copa volve o Campo da Mina




Una treintena de magníficas truchas

El club deportivo Rodeo, de Ribeira de Piquín, citó a 44 pescadores en la decimonovena edición de su tradicional concurso de pesca, una jornada en la que, pese a no ser un buen día para la práctica de este deporte, los cañistas lograron capturar 30 truchas de gran calidad en los cauces de los ríos Eo y Rodil.
El concurso se prolongó desde las ocho de la mañana, con el sorteo de los tramos para cada participante, hasta la una de la tarde, cuando se realizó el pesaje y la medición de los ejemplares en el área recreativa de Chao do Pousadoiro.
La destreza con la caña de Francisco Javier Rois, presidente del Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) de A Pontenova, le hizo merecedor del primer premio del concurso, que recibió de manos del alcalde de Ribeira de Piquín, Sabino Díaz Fernández.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.