lunes, 29 de agosto de 2016

Fotos Baixeo 2016

Aquí vos deixamos máis de 70 fotos do Baixeo 2016.

III Media Maratón Alas de Vida en Burela

Os nosos amigos da asociación Alas de Vida (Debra) de Burela mándannos esta información sobre unha carreira que organizan dentro de poucas semanas:

Xa queda menos, en un mes temos de novo a terceira edición do ALAS DE VIDA, como sabedes é un evento deportivo organizado por varias organizacións para recaudar fondos e sensibilizar á xente coa enfermidades Pel de Mariposa. De ahí o noso lema, "Non corras, Voa!"

Aquí vos mandamos o programa de este ano para que vos animedes a participar e o difundades o máximo posible.

Este ano quixemos unir todo nun día para así facer un sábado máis atractivo e deportivo para todos os gustos.

Este é o programa definitivo ALAS DE VIDA 2016:

Sábado 24 de Setembro. Lugar: Praza da Mariña de Burela

10.30 horas. Alas de Vida GOLD: 21 km de carrera de montaña polos aredores de Burela co reto da subida ao Monte Castelo e o fantástico sendeiro mariñeiro na plaia da Marosa.

10:35 horas. Alas de Vida SILVER: 7 km de asfalto para promocionar o inicio ao running. Poderán participar nenos e nenas dende os 14 anos.
16.00 horas. Alas de Vida Open: paseo popular, andando, en bici ou en patíns...ata a plaia da Marosa e volta en tren. 
Ademáis haberá unha gran festa infantil e chocolatada na mesma praza.
Non hay disculpa para non participar no Alas de Vida 2016
Enlace para incribirse en calquera modalidade: http://www.empa-t. com/eventos/inscripciones/

Gracias e a dar alas!


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.