lunes, 12 de mayo de 2008

Fulgor e morte do tren mineiro.


O tren mineiro Vilaodrid-Ribadeo iniciouse en 1901. A prensa
emigrante seguiu con paixón e interese a súa peripecia e os plans para prolongar a vía ata O Bierzo. O proxecto saíu a
subasta, pero nunca se realizou. Despois de ser xestionado un tempo polo III Reich Alemán, feneceu en 1964.

Sigue leyendo...



o 30 de decembro de 1917, a prensa
da emigración publicaba unha
nova importante. Decía así: «Se
publicó anuncio de subasta de la
línea férrea Villaodrid-Villafranca
del Bierzo. El plazo de ejecución
será muy breve. Júbilo en Ribadeo
y carta del señor Lazúrtegui en Las
Riberas del Eo alegrándose de que
sea un proyecto nacional su primer
impulso del tren a Villaodrid».
A nova, en efecto, era trascendente
pois puido cambiar o siño da
historia ds Mariña. Só tiña un pequeno
defevto: que a devandita subasta
nunca se adxudicou. E o tren
mineiro, como se denominaba o
proxecto, quedou no Olvido, pero
tamén na Memoria dunha Galicia
que, como moitos anos despois
escribiu o poeta García-Bodaño, e
como sucedeu co propio tren, era
«camiño aberto a ningures, onde
todo está por vir e nunca chega».
A historia empezara algúns
anos antes. Concretamente, en
1900 cando se constituiu en Bilbao
a Sociedade Mineira de Vilaodrid e
presentou un proxecto de transporte
ferroviario entre esta localidade
da Pontenova e Ribadeo, «con plataforma
en desarrollo constante en
la ribera del río Eo y de la Ría del
Eo, de un metro de ancho y 33 kilómetros
de longitud».
éxit o ini cia l. A nova sociedade
e o seu plan ferroviario tiñan por
obxecto impulsar a minería de ferro
de Vilaodrid, que viña sendo
explotada e aproveitada en productos
acabados dende tempos moi
pretéritos e de xeito artesanal. As
crecentes necesidades nacionais e
internacionais de ferro a comenzos
do século XX fixeron que o empresariado
vizcaíno, moi expansivo na
época, extendera a súa actividade
hacia esta zona da Mariña.
As obras do ferrocarril iniciáronse
ó ano seguinte, en 1901, cumprindo
tódolos prazos previstos
gracias, sobre todo, á participación
de traballadores da comarca que,
por esa circunstancia, viu moi reducida
a súa cuota de emigración a
ultramar naquelas datas. En 1903,
xa circulou o primeiro tren mineiro
entre Vilaodrid e Ribadeo. E un ano
máis tarde rematou a construcción
de cargue directo ós barcos mediante
unha instalación Cantilever
á entrada da ría de Ribadeo.
Unha senlleira publicación da
prensa emigrante, La Tierra Gallega,
lembraba o 20 de maio de 1917,
a unha personalidade decisiva nestas
obras. Decía: «Falleció en Bilbao
el ingeniero José Luis de Torres
Vildósola, que dirigió las obras del
ferrocarril de Villaodrid y el cargadero
de Puerto Estrecho, y que hizo
estudios de la proyectada vía férrea
Ribadeo-Villafranca del Bierzo».
Nese periodo inicial, dende 1903
ata a Primeira Guerra Mundial (de
1914 a 1917), o tren de Vilaodrid foi
todo un éxito productivo e económico
pola exportación de mineral
de ferro a Inglaterra e porque non
tiña competitividade no transporte
motorizado por estrada.
plan s de prolongación. O
éxito da nova vía férrea foi tal que
provocou numerosas expectativas,
ilusións e proxectos de futuro. Así
o refrexaba a prensa emigrante. E,
por exemplo, a revista Galicia, da
Habana, publicou no seu número
34 de 1909 que os enxeneiros Cortázar,
Garmendia e Echevarría «se
encuentran estudiando prolongar
el ferrocarril de Villaodrid hasta la
comarca de El Bierzo».
Pola súa banda, ese mesmo
ano Airiños da Miña Terra, tamén
editada na Habana, decía no seu
número de maio que o trazado Villaodrid-
Lugo fora incluido polo Goberno
dentro da liña de ferrocarrís
secundarios de Galicia. E concluía
a nova sinalando que a nova liña
«se construirá en breve y servirá de
base para el futuro ferrocarril central
gallego que unirá los puertos
de Ribadeo y Marín».
Pero ese éxito inicial do tren
foi enganoso. E a Primeira Guerra
Mundial, que tanto favoreceu
as exportacións españolas como
consecuencia da neutralidade da
nación na contenda, representou
para o tren mineiro o principio do
seu final. O seu funcionamento
prácticamente paralizouse polos
riscos de ataques de guerra ó transporte
complementario por mar, e
a Sociedade Mineira de Villaodrid
viuse obrigada a alugar a outros ferrocarrís
os seus recursos materiais
adicados ó transporte de mineral.
En concreto, según se di na publicación
de Blanco Torres, tres locomotoras
Borsing e a totalidade do
parque de tolvas minerealeiras.
O remate da Gran Guerra abriu
novos horizontes para o tren, como
recollen algúns medios da emigración.
E foi nesa época cando tomou
corpo a prolongación da liña férrea
de Villaodrid ata O Bierzo, ata Villalón
e Villafranca do Bierzo para ser
exactos. Esta liña Ribadeo-Villafranca
tiña a súa orixe nos plans
do xa citado enxeneiro vasco e
membro da Sociedade Minera de
Villaodrid, Julio Lazúrtegui, que,
ademais, foi un importante personaxe
no desenvolvemento da
minería berciana. Pensaba él que
os productos mineiros do Bierzo terían
unha saída hacia o Cantábrico
mediante esa nova vía férrea que,
en Vilaodrid, continuaba ós cargadeiros
da Ría de Ribadeo.
O proxecto que iniciaran Cortázar,
Garmendia e Echevarría estaba
redactado e ultimado xa dende
1911. Presentaba un percorrido de
150 kilómetros, cun trazado paralelo
á Estrada Nacional VI, dende
Villafranca ata Becerreá, xa na provincia
de Lugo, cruzando o porto de
Pedrafita do Cebreiro. Dende Becerreá
correxía o rumbo hacia o norte
ata chegar a Vilaodrid. O plan
recollía tamén que o concesionario
da nova liña debía ser a empresa
Ortiz Muriel, a mesma que xa tiña
adxudicado o ferrocarril do País
Vasco, de onde era a sociedade explotadora
das minas de Vilaodrid,
promotora da minería berciana e
do novo proxecto de vía férrea.
o alcalde díaz braña . O ano
que acabou a primeira Guerra
Mundial todo parecía ir ben. La
Tierra Gallega, por exemplo, escribía
o 28 de outubro de 1917 que «el
alcalde de Ribadeo, Díaz Braña, recibió
carta de Magorga de Campos
participándole que terminaron los
estudios del ferrocarril de Villalón
a Ribadeo y recabando el auxilio de
la población interesada en la construcción
de tan importante proyecto
para unir las ricas comarcas de
Valladolid, León y Oviedo».
A mesma publicación, o 30 de
novembro do mesmo ano, relataba
noutra nova que a Sociedade
Mineira de Vilaodrid patrocinaba
a cooperativa de consumo Sociedade
Cooperativa de Empleados e
Obreiros Ferroviarios que tiña o
seu local na rúa da Paz, en Ribadeo.
E un mes máis tarde, a revista
anunciaba a subasta da nova liña e
o xúbilo que tal feito provocara en
Ribadeo. E daba conta tamén de
como Julio Lazúrtegui reivindicaba
para si o éxito de que a inicial liña
férrea a Vilaodrid fora agora considerada
«proxecto nacional».
Pero a historia tiña as súas propias
leis. A subasta quedou deserta,
a nova liña nunca se adxudicou
e, en consecuencia, o proxecto
non chegou ser realidade. Así que
o tren Vilaodrid-Ribadeo malviveu,
dende a finalización da Primeira
Guerra Mundial ata a Guerra de España,
do escaso transporte de mineral,
debido ós costes salariais do
sector mineiro, ó abaratamento do
transporte e á extracción de ferro
noutras zonas xeográficas e, sobre
todo, a que se activaron os sectores
ligados á madeira.

Do III Reich á morte
no ano 1964.
O Alzamento Militar do 36 agravou
a penuria. O III Reich Alemán, mediante
os concertos compensatorios
polo apoio militar de Hitler ó bando
de Franco, explotou durante un breve
periodo de tempo o tren de Vilaodrid.
Pero a súa xestión durou pouco
porque a evacuación do mineral
por mar dende Ribadeo facíase moi
difícil debido ó bloqueo naval dos
aliados. E o tren mineiro, despois dun
fallido intento por parte da Sociedade
Mineira de Vilaodrid de integralo na
liña de Feve entre Ferrol e Gijón, continuou
languidecendo co transporte
de madeira e de viaxeiros durante as
décadas dos 40 e 50.
Traspaso ó Estado
A falla de sensibilidade social e
institucional deulle o tiro de gracia
ó ferrocarril no ano 1964, cando a
empresa vasca o traspasou ó Estado
que, de inmediato, iniciou o seu
desmantelamento.


VOLVER



El CIT pontenovés se preocupa por el estado del Eo para la pesca.


El Centro de Iniciativas Turísticas
de A Pontenova (CIT), que preside
Ángeles Yáñez, se muestra preocupado
por la escasez de capturas que
se alcanzan en la Festa da Troita.
Ellos, que reconocen no ser expertos,
sí afi rman que se hace necesario
tomar medidas para evitar
que la población de truchas en el
Eo continúe a la baja, algo que resultaría
penoso para todos, no sólo
para su colectivo.

Varios expositores del mercado de productos ecológicos de Riotorto agotaron existencias


La segunda edición del Mercado de Productos Ecológicos y de Temporada de Riotorto fue un éxito, según explicó el alcalde de la localidad, Federico Gutiérrez.

Sigue leyendo...



Durante todo el día fueron muchos los visitantes del mercado, en el que varios de los 32 expositores agotaron toda la mercancía.

Los datos de ventas ayer todavía no se conocían, pero todo parece indicar que serán buenos y que servirán para aportar unos benefecios extra a los productores de Riotorto, que es el objetivo principal de la feria.

Además, se celebraron talleres de jabón ecológico y queso artesanal.
VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.