martes, 19 de mayo de 2015

DARIO CAMPOS NÉGASE A DEBATER CARA A CARA CA CANDIDATA DO BNG DA PONTENOVA

Desde o BNG “lamentamos esta negativa e parécenos unha actitude covarde e pouco democrática por parte do actual rexedor” 
O actual alcalde da Pontenova, Darío Campos, negouse a participar no debate a 3 que durante semanas levaban solicitando desde o Grupo Municipal Nacionalista.
A diferenza do candidato do PP, David Álvarez, que si estaba disposto a presentarse a dita cita, o alcalde socialista mostrou, segundo a candidata Mónica Rancaño, “unha vez mais a súa falta de capacidade para presentarse diante das veciñas e veciños e responder as súas preguntas, e lamentan esta negativa xa que o debate supoñería un fito na historia do Concello, sendo a primeira vez que se celebraría algo parecido”.
Desde o BNG tamén se sinalou que “isto vén a confirmar que o PSOE non ten proxecto político que explicar, non se atreve a enfrontarse ás súas veciñas e veciños cara a cara, preocupándose unicamente de mentir a través da prensa”.
Neste senso, desde a Agrupación Nacionalista quixeron aclarar que certas informacións que se fixeron chegar desde o Grupo Socialista a varios medios supoñen graves mentiras. Concretamente a afirmación de que durante o seu mandato as taxas e impostos non subiran, xa que na realidade “foi unha das poucas cousas que se fixo desde o Goberno Local, xustamente para o pago dos mais de 500.000 € de débeda que ten o Concello e para que tanto o alcalde e tenente alcalde puideran manter os seus soldos”.

A Pontenova, 19 de maio do 2015.

Fuente; BNG A Pontenova

AULA DE INTERPRETACIÓN DA PESCA DA PONTENOVA

Aula de Interpretación da Pesca da Pontenova
O que garda, sempre ten; dí o refrán. Un, que foi gardando todo que atopaba en xornadas de moitas horas de río, acabou tendo un auténtico patrimonio en todo tipo de trebellos e complementos de pesca. Non falamos dun patromonio en metálico, senon en valor histórico, cultural, sentimental e deportivo.
Permítanme, inmodestamente, que lles conte que días atrás procedemos á apertura e posta en marcha da Aula de Interpretación da Pesca na Pontenova.
Comecei a pescar acompañando ao meu Pai. Eu era un cativo que apenas me tiña en pe. O meu proxenitor ensinoume a vivir a pesca e a emocionarme coas pintonas, os reos e os salmóns. As miñas inquedanzas culturais e tradicionais e o traballo de campo dos meus seis libros de pesca leváronme a ir colleitando canto material singular caía nas miñas mans. Co paso do tempo fun facendo acopio de diverso material de pesca que fun coidando con esmero e mesmo tenrura nun Santuario que arrombei na miña casa.
Agora que cheguei aos 50 anos de pescador e máis de 30 años de profesión xornalística, moitos deles especializados na pesca fluvial, fixen doazón de todo ese valiosísimo material á Aula de Interpretación da Pesca de A Pontenova.

Encuesta eleccións municipais A Pontenova 2015. Nova encuesta en intención de voto.

VOTA NA ENCUESTA QUE HAI DEBAIXO DA CABECEIRA EN PONTENOVA.ES

Debido a unha falta de previsión pola nosa parte vémonos na obriga de eliminar a encuesta que habíamos creado xa que o servidor que soportaba a misma sólo era válido para 300 respostas e a día de hoxe xa estaban superadas.
Disculpade as molestias e recordade votar de novo todos, quenes xa o fixérais e aqueles que aínda non vos dera tempo. GRACIAS.
¿A quen votarás nas vindeiras eleccions Municipais do 24 de Maio de 2015?

Encuesta: Aquí estan os resultados da anterior encuesta. 78 SI, 2 NON, 8 PASO DE DEBATES.



"A mí hay que matarme de frente"

Manuel García Valle, en su domicilio en A Pontenova, repleto de recuerdos de su vida.
La biografía de Manuel García Valle, José el Gallegu, está recogida en un libro de conversaciones con Jorge Muñiz Sánchez, editado por la Fundación Juan Muñiz Zapico, con un título esclarecedor: A mí hay que matarme de frente. Manuel, «el hijo de Avelina» ?su madre está siempre presente en su recuerdo?, nació en Vilameá, en A Pontenova, y recaló en Langreo con 21 años. Ahí empezó su segunda vida ?donde se convirtió en José el Gallegu?, para encarnar una historia de inmigración, trabajo, de un minero comunista en Asturias, de la lucha antifranquista, de un militante en el PCE y en las primeras Comisiones Obreras, un líder que luchó por los obreros, que desde 1957 fue detenido en numerosas ocasiones por las huelgas que se llevaban a cabo en los pozos mineros para reivindicar mejoras laborales y salariales, juzgado y condenado por el régimen, un autodidacta y, en definitiva, un luchador inquebrantable. Manuel García vive en Asturias, pero visita habitualmente A Pontenova, donde tiene su casa y donde estuvo recientemente, en la última Festa da Troita.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.