lunes, 10 de febrero de 2014

SPORTING PONTENOVA. A XORNADA

SEGUNDA REXIONAL

XERMADE 0 - SP. PONTENOVA 0

Sp. Pontenova: Lombardía, Iago, Rivas, Manu, Villi (Borja Lombardero), Anxo, Ivan, Keitas (Tontxu), Jorge (Patxi), Puente (Carlitos) e Ivan Villaouruz.

O Sporting Pontenova sumou un novo empate e xa van 11 empates en 20 partidos disputados. O Xermade, 3º clasificado moi preto dos postos de ascenso, obxectivo do equipo chairego, non foi capaz de doblegar o equipo de Dani Moirón. Con este empate, ainda naide conseguiu ganarlle o equipo da Mina na segunda volta e ten un vagaxe de 1 gol encaixado en 5 partidos.

Nunha das mellores primeiras partes do ano do equipo gualdinegro, o equipo non foi capaz de transformar o seu dominio en gol. Cando morría a primeira metade, unha rápida contra do equipo local, facía que o meta visitante Lombardía tivera que saír, cometendo unha "moi rigurosa" falta sobre o dianteiro local, provocando a expulsión do porteiro. Quedaba así o Sporting cun xogador menos, unha peza clave que estaba realizando unha partido espectacular.  Ivan Villaouruz foi o encargado de defender a portería visitante, de forma satisfactoria, conseguindo deixala a 0. 

Na segunda metade o Sporting intentou defenderse con moito orde táctico e saindo en perigosas contras que puideron terminar en gol. O Xermade prácticamente no foi quen de crear perigo.  Seria no minuto 85 cando chegaría a ocasion mais clara dos visitantes, nunha falta botada por Ivan que o porteiro sacaria coa punteira da bota baixo a liña de gol. 

Destacar o esforzo e sacrificio de todo equipo, que sacou un traballo punto dun campo moi dificil. Asi como agradecer os múltiples aficcionados que se desplazaron a Xermade nunha tarde fría e desanxelada para apoiar o seu equipo.

A vindeira xornada o Sporting recibirá na Mina a S.D. Guitiriz, un equipo en racha que leva 13 partidos sen perder. 

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

SP. PONTENOVA 1 - U.D. PASTORICENSE 2

Sp. Pontenova: David, Pedro (Cubelas), Alvaro, Roi, Juan, Rodrigo, Bruno (Borja Rodriguez), Ovidiu (Andrei), Carri (Trulli), Borja Lombardero e Villarquide.

Gol: Villarquide

O equipo xuvenil non puido puntuar ante a U.D. Pastoricense a pesar de adiantarse no marcador por medio de Villarquide. O mal estado do terreo de xogo condicionou totalmente o partido. Un penalti noi riguroso e un gol cando o partido chegaba o seu fin fixo que os puntos marchasen para A Pastoriza. 
O equipo local loitou ata o ultimo minuto, pero non puido sacar nada.

A vindeira xornada os pupilos de Andrés Bouza desprázanse o dificil Campo da Veiga (San Ciprian). O partido terá lugar o sabado as 16:15h.

VETERANOS

O partido de veteranos previsto para o sabado as 16:30h contra os veteranos de Cangas de Foz, foi adiado polas malas condicións que presentaba o Campo da Mina, que estaba mais propicio para realizar tarefas agrícolas que non para a práctica do fútbol. 

O partido da xornada 1 debido o estado no que se encontra o Campo da Pontenova invertiuse o orde de campos e disputarase o vindeiro sabado 15 de Febreiro as 16:30h no Campo de Malates en Foz (Artificial).

¡Aúpa Sporting!

A neve chegou os altos de A Pontenova ¿Quen sabe a donde corresponden as fotos?




Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.