lunes, 14 de noviembre de 2011

BEHOBIA-SAN SEBASTIAN 2011

Outro ano máis desplazáronse ata Donosti algún dos membros da S.D. Albións para participar na mítica carreira vasca: Behobia-San Sebastián. Nesta ocasión foron Jorge García e Santiago Coladas os atletas que fixeron acto de presencia nesta competición de 20 kilómetros de distancia que transcurre desde Irún ata o boulevard de Donosti. Entre os máis de 23.000 atletas tamén había outro pontenovés pero que pertenece o Club Atletismo Samertolameu de Moaña, era Alfonso Coladas, primo e irmán dos 2 anteriores. Si queredes máis información sobre a proba (resultados, recorrido, etc...) pinchade neste enlace: http://www.behobia-sansebastian.com/2011/index_carrera.php

Fotos Celebración de cumpleaños de Manolo, Mary, Catica, Ángeles, Mónica e Diego

Mónica Uría fainos chegar as fotos feitas no Hotel Mirador de Barcia de Ribeira de Piquín. Felicidades ós homenaxeados!


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.