martes, 11 de noviembre de 2014

I Jornadas de las setas Mesón Goa A Pontenova


Cea Xeración 1953 Mesón A Mina A Pontenova



SPORTING PONTENOVA. A XORNADA



SEGUNDA CATEGORÍA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 7

RIOTORTO C.F. 1 - SPORTING PONTENOVA 0

Sp. Pontenova: Rubenon, Carlos (Garboso), Luis (Borja Lombardero), Bruno, Villy, Ivan Fernández, Anxo (Maketo), Puente, Keitas (Venancio), Jorge (Caseto) e Pasarín.  

O derbi entre Riotorto e Pontenova quedou na casa grazas a un gol de Martín nos últimos minutos.


O encontro foi típico dun derbi e deixou unha primeira metade de moita loita e igualdade sen casi ocasións de gol claras para ningún conxunto aínda que os locais tiveron o control do choque e probaron en varias ocasións a Rubenón. Os de Dani Moirón defendéronse con orde e buscaron a contra con Puente e Adrián Pasarín.




Na segunda metade o Riotorto chegou máis a meta de Rubenón e dispuxo de varias ocasións claras en xogadas a balón parado. O estado do terreo de xogo fixo que co paso dos minutos se vise máis fútbol directo. Un golpe franco transformado por Martín cando o encontro tocaba ó seu fin decidiu finalmente o encontro.

Na vindeira xornada o equipo recibe a outro dos equipos chamados a estar na parte alta da clasificacion, a S.D. Guitiriz, que nestres intres é o 3º Clasificado. 

O partido será o domingo, as 16:15h no Campo da Mina.

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL
S.D. RIBADEO 14 - SPORTING PONTENOVA 0
Sp. Pontenova: Mateo, Cubelas, Álvaro, Juan, Andrei, Ovidio, Rodrigo, Bruno, Borja, Adrian e Javi. Tamen xogaron: Anxo, Marcos, Ivan, Dani e Jose Luis.

Partido sin historia, condicionado pola mala actitude do equipo gualdinegro. O ribadeo mostrouse superior. Destacar os 7 goles anotados por Adrian García, xogador que ten raices na Pontenova.

¡AÚPA SPORTING!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.