SEGUNDA CATEGORÍA REXIONAL
Sp. Pontenova 2 - Abadin C.F. 0
Sp. Pontenova: Rubenon, Carlos, Arango, Anxo, Villi, Ivan, Maketo (Fran), Jorge (Puente), Tontxu (Luis), Venancio (Caseto) e Pasarín (Keitas)
Goles: Pasarín e Anxo
O partido comenzaba ranqueante para o Sporting Pontenova, con dominio alterno e sen chegar a coller o sitio no terreo de xogo. A partir do minuto 20 o equipo asentouse no rectángulo de xogo collendo o dominio do partido e xerando ocasions mais claras ante un Abadin que se mostrou bastante agresivo no transcurso do encontro. Sería sobre o minuto 35 da primeira metade cando Maketo inventa un asistencia magnifica que deixa solo a Adrian Pasarín diante do porteiro, fulminandoo e colocando o primeiro no marcador.

Na segunda metade, o Sporting ralentizou o encontro, e puido ampliar a vantaxe, pero Jorge nunha ocasión e Fran noutra non acertaron co marco visitante.
Con este triunfo o equipo suma a súa 4ª victoria consecutiva e sitúase na 3ª posicion da táboa clasificatoria, a un punto do líder, o C.D. Foz.
A vindeira xornada o equipo desprázase a Alfoz, para medirse o equipo local, o partido será o domingo as 16:30h no Municipal de Alfoz.
PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL
Sp. Pontenova 2 - S.D. Burela 7
Sp. Pontenova: Mateo, Cubelas (Andrei), Álvaro, Roi, Juan (Anxo), Rodrigo (Marcos), Christian, Ovidiu (Iván), Borja, Javier (Raúl) e Óscar.
Goles: Roi e Iván
O Sporting Xuvenil caeu fronte o lider da categoría que sentenciou o partido xa nos primeiros minutos.
¡Aúpa Sporting!