miércoles, 19 de mayo de 2010

III concentración de asociacións de sendeirismo e tempo libre de Asturias e Galicia

Podes ver o triptico e tamen descargalo desde aqui.
ÚLTIMO DÍA PARA APUNTARSE: 25 DE MAIO.
Para inscrición telefónica: 672 248 203 / 982 342 101.

«O Colexio Galego de Árbitros actuou contra o noso torneo cun claro afán recadatorio»

I.M.B.  Localidade: viveiro/a voz.
O Superti-A Pontenova non poderá festexar o seu décimo aniversario como lle gustou. O torneo que tiña organizado con clubs de 1.ªA, 1.ªB e Liga Autonómica, á vez benéfico [pretendía recadar fondos para a oenegué Cirurxiáns do Mundo], non se disputará pola intromisión do colectivo arbitral, segundo denuncian desde o club mariñán.
-«Fai unhas dúas semanas recibimos unha chamada do Colexio Galego de Árbitros na que se nos advertía de que para organizar un torneo desas características debiamos de ter unha autorización federativa, que leva implícito un importante gasto arbitral. E o orzamento que nos presentaron desde o colexio arbitral foi duns 5.000 euros. Tamén nos advertiron de que se non dispuñamos da autorización darían parte ao comité de competición e os clubs serían sancionados», explicaba onte nestas páxinas o presidente pontenovés, José Manuel Piñeiro (A Pontenova, 1970).

Unha asociación reclámalle á Deputación que devolva a Asturias catro concellos

A asociación asturiana Conceyu pola Normalización enviou unha carta á Deputación de Lugo para que devolva a Asturias catro concellos da zona da montaña e unha parroquia doutro que, segundo sinala o presidente do colectivo, Xaviel Vilarello, pertenceron a aquela comunidade. Son A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín. Tamén reclama o de Conforto, aínda que actualmente é unha parroquia da Pontenova.

Máis de 300 persoas participan no Quilómetro 0, unha parte na modalidade Xtreme

Ao redor de 320 persoas participan esta semana no programa de visitas intercomarcais Quilómetro 0, que leva a cabo a Deputación por segundo ano. Parte dos inscritos fixérono na modalidade Xtreme. Un grupo elixiu a multiaventura, que inclúe actividades con canoas, rastreos e tiro con arco, en tanto que outro optou por percorrer Meira dacabalo.

¡¡¡Que viene, que viene!!!


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.