A asociación asturiana Conceyu pola Normalización
enviou unha carta á Deputación de Lugo para que devolva a Asturias catro
concellos da zona da montaña e unha parroquia doutro que, segundo
sinala o presidente do colectivo, Xaviel Vilarello, pertenceron a aquela
comunidade. Son A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e
Ribeira de Piquín. Tamén reclama o de Conforto, aínda que actualmente é
unha parroquia da Pontenova.
O dirixente do colectivo proponlle a José Ramón
Gómez Besteiro que inicie os trámites administrativos encamiñados á
devolución destes territorios históricos á súa lexítima propietaria. Di
que foron usurpados ilegítimamente a Asturias no século XIX, dado que
esa anexión nunca contou coa Xunta Xeneral do Principáu, máis ben foi
levada a cabo coa súa total oposición en 1834.
Arquivo do obispado
O colectivo sinala que estes territorios
pertenceron a Asturias desde a creación do obispado de Oviedo, na época
do rei asturiano Alfonso II. Tamén pertenceron á provincia eclesiástica
asturiana ata 1954, de modo que Xaviel Vilarello tamén enviou outra
carta ao obispado de Lugo solicitando a devolución dos arquivos
eclesiásticos da zona reclamada, ou polo menos que exista unha copia
deses documentos na diocese de Oviedo.
Este colectivo de corte nacionalista, que con
anterioridade tamén reclamou territorios pertencentes a Cantabria e
mantén a mesma reivindicación con outros de León, considera que é
necesario volver ao 910, no reino de Furela II, que chegaba ata o río Eo
á altura de Pedrafita de Camporredondo.