Ao redor de 320 persoas participan esta semana no
programa de visitas intercomarcais Quilómetro 0, que leva a cabo a
Deputación por segundo ano. Parte dos inscritos fixérono na modalidade
Xtreme. Un grupo elixiu a multiaventura, que inclúe actividades con
canoas, rastreos e tiro con arco, en tanto que outro optou por percorrer
Meira dacabalo.
Para esta semana foron programadas sete rutas. As
primeiras desenvolvéronse onte coa participación dun grupo do Instituto
da Pontenova e outro do colexio Ponche de Doiras, en Cervantes. Ambos
foron recibidos na Deputación por Regina Polín. Os primeiros elixiron a
multiaventura no Miño á altura de Rábade, ademais de visitar a illa de
Burneiros e A Fervenza. Os escolares de Cervantes viaxaron ata A Mariña
para realizar un paseo pola ría en catamarán, ademais de visitar a
fábrica de Alcoa, o Castelo Mariño e o faro de San Cibrao.
Hoxe novas de Aspnais visitan o Centro de Artesanía
e Viveiro, cidade na que verán a igrexa de Santa María do Campo, o
recinto histórico, a praia de Covas e o monte de San Roque. Membros da
asociación Veciños Xuntos farán unha ruta dacabalo pola zona chairega.