domingo, 11 de enero de 2009

Sporting xuvenil: Pontenova 2 - 3 Pol‏



Chegou a 1ª derrota da temporada para o Sporting Xuvenil, e foi contra un rival dos máis asequibles da liga, pero cun estado do campo lamentable, moi favorable para o equipo visitante que durante todo o partido dedicouse a xogar ó patadón, e sobre todo a defender.O partido comezou tranquilo, cun gol de Matelo no minuto 10 tras un gran pase de Picota entre liñas, e logo no minuto 30 chegou o 2-0 obra de Jorgín de córner directo, aunque finalmente tocou un defensor do Pol pero xa estaba o balón dentro.Logo chegou a relaxacion do equipo local, e nos últimos minutos da primeira metade chegou o gol do Pol e así se foi o descanso.Na segunda parte,vimos un Sporting peleón e con ganas, ante un rival que defendía con 8 xogadores e atacaba con 2, e que empatou tralo saque dun córner e se dedicou a conservar o empate.Con este empate, o equipo local tivo multitude de ocasións para volver a poñerse por diante pero non era o día, e no último minuto do partido chegou o gol do Pol tamen tralo saque dun corner e así finalizou o partido,e son os primeiros 3 puntos que se escapan da Mina.
-------JORGE MOIRON SPORTING PONTENOVA-------

Sigue leyendo...



O xogador máis destacada do partido moi o mediocentro Arango, que volvía a titularidade logo da súa lesión de tobillo e que realizou un gran partido.Polo tanto, quedamos segundos na clasificación, en postos de ascenso a Liga Galega, pero tendo o Foz a 2 puntos.Para a semana desplazamonos a San Ciprián, rival moi dificil, cuarto clasificado e que todavía naide derrotou no seu campo, coas baixas de Christian e de Hugo Leivas.VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.