SEGUNDA CATEGORÍA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 7
XORNADA 11
SPORTING PONTENOVA 0 - S.D. GUITIRIZ 0
Unha Mina impracticable, condicionou por completo o choque entre Pontenova e SD Guitiriz
O balón parado parecía, polas condicións
do campo, poder ser a chave no encontro pero gran parte das accións remataron
con faltas dos atacantes ou foras de xogo, nunha delas o colexiado anulou un
gol á SD Guitiriz.

A segunda metade non trouxo grandes
variacións e co paso dos minutos o terreo de xogo condicionaba cada vez máis,
unha inxenua expulsión do xogador localVenan, parecía condicionar á
Pontenova, pero o encontro non mudou de dinámica. Un balón en profundidade para Iván
Labrada sería a mellor opción visitante, o seu remate foi desviado a
córner polo meta local. No último tramo de encontro tivo a Pontenova as súas
accións máis perigosas, varios remates dos locais encontráronse cun seguro Jesús.
PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 7
XORNADA 9
SPORTING PONTENOVA 2 - C.D. FOZ 4
Sp. Pontenova: David (Mateo), Javi (Cubelas), Roi, Adrian, Bruno (Raúl), Rodrigo. Alvaro, Juan (Andrei), Christian, Joselu (Marcos) e Oscar.
Goles: Alvaro e Oscar
A vindeira xornada o equipo de Andrés Bouza desprázase, na tarde do venres o Campo da Fonte en Cospeito, para medirse o equipo local. O partido dará comezo as 19:00h
LIGA DO NORTE DE VETERANOS
OS CASTROS DE COAÑA 2 - SPORTING PONTENOVA 0
Sp. Pontenova: Rodriguez, Sachas, Dario, Marino, Ramon, Piquin, Gus, Sandonguero, Suso, Nijat, Janfri, Acebrás, Rivas e Oto.
O Sporting Pontenova non foi quen de arrancar ningun punto en Otur nunha tarde moi desapacible para a practica do futbol. Cun campo en practicamente perfectas condicions os locais adiantaronse mediada a primeira parte e o Sporting respondía con rapidas contras levadas a cabo por Acebrás e Janfri. Con moita chuvia e moito frio chegouse o descanso co resultado de 1-0.
Xa na segunda parte mais do mesmo ata que chegou o definitivo gol dos Asturianos nunha xogada na que Rodriguez estaba mancado e nin sequera se puido mover. O arbitro decretou o final do partido cando ainda restaban dez minutos por disputarse debido a climatoloxia adversa.
O Sporting quedalle por disputar a vindeira semana na mina o partido de volta contra Os Castros e logo desplazarse a Viveiro, antes de empezar a mediados de decembro as eliminatorias da Copa Galicia.