lunes, 17 de noviembre de 2014

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

SEGUNDA CATEGORÍA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 7
XORNADA 11

SPORTING PONTENOVA 0 - S.D. GUITIRIZ 0

Unha Mina impracticable, condicionou por completo o choque entre Pontenova e SD Guitiriz

Sp. Pontenova: Juan, Luis, Bruno, Anxo, Tontxu, Garbo (Borja Lombardero), Maketo (Luismi Rivas), Puente (Caseto), Venancio, Jorge (Villaouruz) e Adrian Pasarin.

A SD Guitiriz comezou máis metida no encontro e tivo neste primeiro tramo as mellores opcións. Dous centros dende a banda dereita serían as aproximacións máis perigosas, o primeiro de Pablo era rematado por Suso en posición forzada, marchando o remate fóra. O segundo un envío de Novo que remataba Suso, esta vez coa testa, o balón estrelouse na escuadra da portería de Juan.
O balón parado parecía, polas condicións do campo, poder ser a chave no encontro pero gran parte das accións remataron con faltas dos atacantes ou foras de xogo, nunha delas o colexiado anulou un gol á SD Guitiriz.


Tras este tramo inicial o choque foi caendo nunha demostración de entrega e loita de ambos conxuntos pero sen aproximacións perigosas. Cerca do descanso tivo a Pontenova a súa mellor opción nun balón que se paseou pola liña de gol e acabou despexando a zaga visitante.



A segunda metade non trouxo grandes variacións e co paso dos minutos o terreo de xogo condicionaba cada vez máis, unha inxenua expulsión do xogador localVenan, parecía condicionar á Pontenova, pero o encontro non mudou de dinámica. Un balón en profundidade para Iván Labrada sería a mellor opción visitante, o seu remate foi desviado a córner polo meta local. No último tramo de encontro tivo a Pontenova as súas accións máis perigosas, varios remates dos locais encontráronse cun seguro Jesús.



PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 7
XORNADA 9

SPORTING PONTENOVA 2 - C.D. FOZ 4

Sp. Pontenova: David (Mateo), Javi (Cubelas), Roi, Adrian, Bruno (Raúl), Rodrigo. Alvaro, Juan (Andrei), Christian, Joselu (Marcos) e Oscar.

Goles: Alvaro e Oscar

O pésimo estado do Campo da Mina, igualou as forzas entre Pontenova e Foz nun encontro que non se decidiu ata o treito final. Os pontenoveses fóronse por diante ao descanso e volveron adiantarse na segunda metade, pero dous goles no treito final, oúltimo deles a contra despois de que os locais enviasen un balón ao pau, déronlle a victoria o Foz no complicado Campo da Mina.

A vindeira xornada o equipo de Andrés Bouza desprázase, na tarde do venres o Campo da Fonte en Cospeito, para medirse o equipo local. O partido dará comezo as 19:00h


LIGA DO NORTE DE VETERANOS

OS CASTROS DE COAÑA 2 - SPORTING PONTENOVA 0

Sp. Pontenova: Rodriguez, Sachas, Dario, Marino, Ramon, Piquin, Gus, Sandonguero, Suso, Nijat, Janfri, Acebrás, Rivas e Oto.

O Sporting Pontenova non foi quen de arrancar ningun punto en Otur nunha tarde moi desapacible para a practica do futbol. Cun campo en practicamente perfectas condicions os locais adiantaronse mediada a primeira parte e o Sporting respondía con rapidas contras levadas a cabo por Acebrás e Janfri. Con moita chuvia e moito frio chegouse o descanso co resultado de 1-0.
Xa na segunda parte mais do mesmo ata que chegou o definitivo gol dos Asturianos nunha xogada na que Rodriguez estaba mancado e nin sequera se puido mover. O arbitro decretou o final do partido cando ainda restaban dez minutos por disputarse debido a climatoloxia adversa.

O Sporting quedalle por disputar a vindeira semana na mina o partido de volta contra Os Castros e logo desplazarse a Viveiro, antes de empezar a mediados de decembro as eliminatorias da Copa Galicia.

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.