lunes, 1 de septiembre de 2008

As diversións de toda a vida.


Santalla acolleu onte a segunda edición da Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais.
A asociación organizadora dispuxo de 20.000 metros cadrados para todas as actividades.
Os deputados provinciais
Lara Méndez e Antonio
Veiga Outeiro visitaron
a mostra celebrada na
parroquia da Pontenova.
O alcalde, Darío Campos,
destaca todos os beneficios
que o comercio pontenovés
obtén deste tipo de
actividades.


Sigue leyendo...



A treboada da noite
do venres ao sábado fixo temer o
peor, pero ó final o tempo máis ou
menos comportouse ata ben andada
a tarde, cando voltou chover,
e a II Mostra de Xogos e Deportes
Tradicionais da localidade pontenovesa
de Santalla converteuse
nun éxito parecido ó que acadara
hai un ano.
A organización do evento correu
a cargo da Asociacón de Xogos Tradicionais
e Populares de Santalla,
e este ano contou co apoio incondicional
da Xunta, o Concello e
máis da Deputación Provincial,
que lles axudaron para que todo
saíse á perfección. O demais,
púxoo a ilusión e máis o traballo
ben feito.
Claro que non é cousa sinxela.
O presidente do colectivo organizador,
Carlos Bermúdez, recoñecíao
antes de empezar, porque
indica que «é un orgullo para Santalla
acoller esta Mostra de Xogos
Tradicionais, porque é complicado
que nunha vila tan pequena como
a nosa se organice un acontecemento
tan importante».
E non lle faltaba razón, porque
as cifras que manexou a organización
falan por sí soas. Dispuxeron
un entorno, o do ano pasado, de
20.000 metros cadrados, e este
ano conseguiron traer á Pontenova
un total de 50 asociacións diferentes
de catro comunidades autónomas,
ademais de Portugal.
O sistema para pasar o día, que
arrancou ás once de mañá, artellouse
en torno a dúas modalidades,
as competitivas, e as que eran tan
só de exhibición.
Había para todos os gustos, porque
un podía ver corte de troncos,
levantamento de pedras, de iunques,
o xogo da chave, ou torneos
correspondentes a campeonatos
da Liga Nacional de Billarda ou do
Torneo Galego do Bolo Celta.
Para a elaboración dos distintos
xogos, os organizadores sempre se
basaron en elementos totalmente
tradicionais: troncos de árbore,
pedras, paos, palla para as alpacas,
e un longo etcétera.
Outro complemento á xornada
eran as exposicións que preparou
a organización do evento, pois
podían verse pezas de artesanía,
xoguetes tradicionais, ou mesmo
unha ben curiosa para estar terra
adentro, como é a de embarcacións
típicas galegas, para a que
neste caso contaron co apoio da
Federación Galega pola Cultura
Marítima e Fluvial.
MÚSICA. Entre as novidades dispensadas
pola Asociación de Xogos
Populares e Tradicionais e Santalla
para este ano, sobresae a da forte
presencia musical.
Despois de comer estaba prevista
a actuación do grupo de música
folk tradicional galega ‘Treixadura’,
que ían interpretar por todo o
recinto pezas correspondentes ó
seu último disco, ‘Unha semaniña
enteira’. Tamén estaba prevista a
actuación dun orfeón.
O peche da festa tamén era
musical. Despois da entrega dos
correspondentes trofeos ós gañadores
e gañadoras das distintas especialidades,
a xornada pechábaa
un grupo neste caso portugués,
‘Chuchurumel’, que deixaba as
cousas listas para a edición do ano
que ven.
Apoios
Xunta, Concello e
Deputación, con
esta iniciativa
A Dirección Xeral para o Deporte,
a Deputación Provincial
e máis o propio Concello
de A Pontenova volcáronse
na axuda da organización
deste evento colaborando coa
asociación organizadora local,
que a leva un grupo de rapaces
da localidad de Santalla.
Outros espectáculos
Púidose ver unha exposición
de deportes tradicionais de
Bizkaia, unha exposición
e obradoiro de xoguetes
tradicionais e tamén se puido
montar a cabalo.
Varios servicios
A organización dispuxo unha
servicio de cafetería durante
toda a xornada, ademais
dun entorno específico para
merendas de libre acceso.
50 colectivos
Participaron na II Mostra de
Xogos e Deportes Tradicionais
de Santalla. Viñeron de localidades
de Galicia, de Asturias,
de Castela e León, do País
Vasco e máis de Portugal.
VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.