lunes, 14 de abril de 2008

Un oficio que mira ó futuro.


O concello de riotorto quere tirar dos ferreiros ▶ Cun pasado de
esplendor e un porvir entre interrogantes, o Concello riotortense pretende aproveitar os vinte ferreiros en activo para abrir unha porta ó desenvolvemento turístico e económico

Sigue leyendo...



está arraigada entre as xentes
de Riotorto a certeza de que o oficio
de ferreiro vai a ter moitos problemas
nun futuro non moi lonxano
para conseguir saír desta. O futuro
plantéxase complicado para un traballo
baseado en producir un instrumentos
dun labor que cambiou
por completo nas últimas décadas,
ou enseres que no actual mundo
globalizado deben competir tanto
cos coitelos de Albacete como cos
que veñen da China.
Pero o alcalde de Riotorto, Federico
Gutiérrez Estoa, pensa que en
realidade todo depende do enfoque
que se lle queira dar. Consciente de
que pelear corpo a corpo coas grandes
produccións, de menor calidade
pero mellor prezo, é complicado,
sabe que tal vez unha visión diferente
do oficio dos ferreiros poida
ter a clave da solución, a clave do
futuro.
E é que desde o Concello o que
están tentando facer é non só impulsar
o oficio dos ferreiros para
que continúen loitando como o
viñeron facendo ata o de agora no
mundo do seu comercio de toda a
vida, senón que esperan dar a coñecer
ó exterior que nun concello
tan pequeno coma o de Riotorto,
a pervivencia de vinte ferreiros en
activo, dados de alta como tal e producindo
polo tanto con todas as da
lei, é unha situación tan anómala
que podería ser un auténtico as
na manga que axudara a reflotar
a triste industria turística de Riotorto.
E neso están. Federico Gutiérrez
Estoa comenta que esos vinte ferreiros
«supóñenlle a Riotorto ser
un dos concellos cunha ratio máis
alta de artesáns en relación ao total
de poboación de toda Galiza». Desde
logo non é un dato calquera, e
sobre todo cando se pensa que a só
quince kilómetros e con algo menos
de tradición, Taramundi montou
pouco menos que un emporio
internacional.
De xeito que a idea poida non
ser tan tola. De momento, están
empezando a traballar. O vindeiro
fin de semana farase a segunda
edición da Feira da Artesanía do
Ferro de Riotorto. A primeira, que
saiu adiante polo empeño duns
cuantos destes artesáns, obreiros
e supervivintes, foi razoablemente
ben, así que agora compre seguir
avanzando.
MOTOR. De momento, o que
Gutiérrez Estoa ten claro é que queren
apostar «por que a artesanía do
ferro supoña un verdadeiro motor
económico para o concello, xerando
emprego e riqueza. Isto é, non
pretende este evento só resaltar a
importantísima tradición ferreira
de Riotorto, senón impulsar esta
actividade no concello e mirar para
o futuro».
Por eso, ó alcalde non lle doe
recoñecer que aínda que os actos
festivos da feira son importantes,
desde o Concello o que non se quere
é que esto só sexa un día máis
de festa, «senón que pretendemos
ir máis aló e axudar a recuperar a
autoestima do oficio de ferreiro, e
aproveitando a herdanza das artes
tradicionais, preténdese que
se incorpore xente moza ao oficio,
que realicen novos productos, que
apliquen novas técnicas e todo esto
co fin de acadar novos mercados
que aseguren o futuro da profesión
e que Riotorto seiga sendo un referente
do ferro en todo o país».
De xeito que con ese obxectivo
ben claro, van comenzar esta segunda
feira o vindeiro sábado, día
19. O primeiro acto vai ser de tintes
académicos, pois tratarase dunha
conferencia de Miguel Abraira titulada
‘Historia e técnicas tradicionais
da ferrería’. Abraira sabe
do que fala, porque fixo un estudo
sobre este oficio, precisamente
cos ferreiros de Riotorto, de onde
é orixinario, de xeito que a bon
seguro que vai ter unha parroquia
entregada. Vai ser ás catro da tarde
no centro sociocultural.
DEMOS TRACIÓN. Tamén o sábado,
pero xa na área recreativa do
Mazo de Ferreiravella, haberá unha
demostración de técnicas tradicionais
en ferrería. Concretamente,
os profesionais van facer fincapé
no caldeado e no enmalle.
Para rematar o sábado, música
folk con ‘SonDeSeu’, un grupo vigués
con nada menos que 35 compoñentes
nado no seo do Conservatorio
de Música Tradicional de
Vigo, o berce doutros ben coñecidos
agora coma ‘Berrogüetto’. A actuación
vai ser na praza das Rodrigas
a partir das dez da noite.
O alcalde de Riotorto lembra que
«os actos da feira están organizados
polo Concello co apoio da ‘Asociación
para a Promoción Social dos
Ferreiros de Riotorto’. Asimesmo,
a feira está apoiada e financiada
pola Consellería de Innovación e
Industria e pola área de Cultura da
Deputación de Lugo».
Hai que lembrar que especialmente
Industria, a través a Dirección
Xeral para o Turismo coincide
co Concello na posibilidade de tirar
dos ferreiros como foco de atracción
turística, e neso están xa a
traballar.
A Feira do Ferro
ofrecerá obradoiros
ós asistentes
O día grande desta feira vai ser o
domingo día 20. A partires das once
comenzará a desenrolarse durante
todo o día nas Rodrigas con exposicións
de artesáns tanto de Riotorto
como do resto da comarca da Mariña
e da Terra Cha, e mesmo do resto de
Galicia. Tamén se poderán ver demostracións
en vivo dos ferreiros de
Riotorto, que foi unha das actividades
con máis éxito durante a primeira
edición. A feira tamén servirá para
mostrar outras actividades industriais
que se desenvolven en Riotorto, e que
tamén terán o seu oco na exposición.
Como novidade importante para esta
edición, atópase a celebración dunha
serie de obradoiros do ferro para os
visitantes e, sobre todo, para os máis
pequenos. Ademáis, durante toda
a xornada, haberá xogos populares,
pasarrúas de grupos musicais
diferentes, e teatro de ráu co grupo
‘Caramuxo Teatro’.

VOLVER

El Trabada superó al Superti a la contra.


Superti 0

Trabada 3

SUPERTI: Álvaro, Lolo, Quini, Betiño y Marcos.
También jugaron Víctor, Dani Rodríguez
y Diego.
CONCELO DE TRABADA: Ándrés, Santi,
Bruno Nois, Torero y Mario. También jugaron
Vijande, Quelle, David, Juche, Javi, Siro
y Ramallal.
GOLES : 0-1, m27, Dani Rodríguez, en propia
meta; 0-2, m.34, Vijande; 0-2, m.37,
Vijande

Sigue leyendo...



ÁRBITROS : Benjamín Rivas, Pedro Incera
y Vanesa Fernández, del colegio de A Mariña.
INCIDENCIAS: Partido de Primera B disputado
en el pabellón municipal de A Pontenova
ante unos 300 espectadores, en la mejor
entrada de la temporada.
PONTENOVA.El Superti perdió
en su pista ante el Concello de Trabada
en un derbi igualado y con
un resultado que puede parecer
engañoso. Los locales perdonaron
muchas ocasiones en el primer
tiempo y tuvieron la mala suerte
de encajar el primer gol en propia
meta. Los visitantes se mostraron
muy firmes en defensa, con
un planteamiento al contragolpe
que les dio resultado, ya que
Vijande sentenció el partido en
los últimos seis minutos con dos
acciones aisladas, pero que dejaron
ya sin capacidad de reacción
a los locales. Lo mejor de todo fue
el gran ambiente que se vivió en
la grada.

VOLVER

Balseiro pide á Xunta que acelere o Museo do Salmón da Pontenova.


O deputado
autonómico do Partido Popular
Xosé Manuel Balseiro,
presentou unha pregunta ó
Goberno galego para coñecer
cales son as súas intencións a
propósito do Museo do Salmón
de A Pontenova, pois considera
que a súa posta en funcionamento
se está retrasando máis
do debido.

Sigue leyendo...



Así, Balseiro interésase por
coñecer de quen é a titularidade
do edificio que o vai acoller, se
sabe a Xunta as actividades que
se fan alí na actualidade e · en
qué datas ten previsto a Xunta
proceder á apertura do Museo
do Salmón, de tal xeito que se
cumpra a finalidade para a que
foron cedidos de balde os solares
de propiedade municipal
sitos na explanada da estación
da localidade da Pontenova».
Quere saber tamén o responsable
popular se valora a
Xunta o Museo do Salmón non
só en si mesmo, senón como
un elemento dinamizador do
turismo en A Pontenova e no
resto da comarca.

VOLVER

Cañistas pugnan por una de las cien plazas del concurso de la Festa da Troita de A Pontenova.


Cuando cumple sus primeros treinta años de existencia, la Festa da Troita de A Pontenova y el concurso de pesca en el río Eo captan en cada edición más atención. Especialmente entre los pescadores, que pese al preocupante descenso de capturas registrado durante los últimos años, siguen pugnando por acceder a una de las cien plazas de la competición paralela a la exaltación de la trucha.

Sigue leyendo...



Hoy se abre el plazo de inscripción para tener la opción de disfrutar de un día de pesca en alguno de los tramos del Eo que se abrirán el próximo día 1 de mayo. Tal es el interés que despierta la cita, que las inscripciones siempre se cierran en menos de los noventa minutos de apertura del plazo. Participar requiere conseguir plaza, para lo cual hay que llamar hoy, de 21.00 a 22.30 horas, a los teléfonos 982 342 619 ó 620 968 448. Una vez confirmada, hay que abonar 40 euros.La trigésima Festa da Troita de A Pontenova comenzará el próximo día 30, con una exhibición, el sorteo de tramos y una degustación de truchas. Al día siguiente por la mañana se celebrará el concurso de pesca, el pesaje de las piezas, degustaciones y numerosos actos festivos.


VOLVER
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.