lunes, 14 de abril de 2008

Balseiro pide á Xunta que acelere o Museo do Salmón da Pontenova.


O deputado
autonómico do Partido Popular
Xosé Manuel Balseiro,
presentou unha pregunta ó
Goberno galego para coñecer
cales son as súas intencións a
propósito do Museo do Salmón
de A Pontenova, pois considera
que a súa posta en funcionamento
se está retrasando máis
do debido.

Sigue leyendo...



Así, Balseiro interésase por
coñecer de quen é a titularidade
do edificio que o vai acoller, se
sabe a Xunta as actividades que
se fan alí na actualidade e · en
qué datas ten previsto a Xunta
proceder á apertura do Museo
do Salmón, de tal xeito que se
cumpra a finalidade para a que
foron cedidos de balde os solares
de propiedade municipal
sitos na explanada da estación
da localidade da Pontenova».
Quere saber tamén o responsable
popular se valora a
Xunta o Museo do Salmón non
só en si mesmo, senón como
un elemento dinamizador do
turismo en A Pontenova e no
resto da comarca.

VOLVER
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.