viernes, 15 de agosto de 2008

SANTALLA (A PONTENOVA) SERÁ DE NOVO O FOCO DE ATENCIÓN DOS XOGOS E DEPORTES TRADICIONAIS O VINDEIRO 30 DE AGOSTO.

Clic no cartel para velo ampliado...


O Torneo Galego de Bolo Celta, o Torneo da Liga Galega de Chave, o Torneo da Liga Nacional de Billarda, diferentes modalidades de Bolos, a espectacular exhibición de Corte de Troncos do Club Deportivo 6 conceyos (Asturias), a exposición e o obradoiro de xoguetes tradicionais, a exposición de 18 modalidades deportivas do País Vasco así como a exhibición de varios deportistas vascos conforman algunha das preto de 100 actividades lúdico-deportivas tradicionais de Galicia, Portugal, Euskadi, Asturias e Castela-León que se poderán ver e practicar o 30 de agosto en Santalla (A Pontenova).


Ver todo o relacionado co evento ...



 Preto de 50 entidades serán as encargadas de mostrar os xogos e deportes tradicionais máis destacados das súas respectivas comunidades e países, así como de dinamizar a participación das e dos visitantes.

 TREIXADURA GAITEIROS E ORFEÓN ofrecerán a partir das 15:00 horas un concerto. Os 15 compoñentes dun dos grupos de música tradicional galega máis destacados do momento deleitarán ás e aos visitantes cun amplo repertorio entre o que destaca o seu último traballo “Unha semaniña enteira”.


A Pontenova, 13 de agosto de 2008.-

No mediodía de hoxe presentouse en rolda de prensa a II MOSTRA DE XOGOS E DEPORTES TRADICIONAIS (GALICIA, PORTUGAL, EUSKADI, ASTURIAS e CASTELA-LEÓN) que se desenvolverá na vila de SANTALLA (A PONTENOVA - LUGO) o vindeiro 30 de agosto.

Asistiron á rolda de prensa: Marta Souto (Directora Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia), José Manuel Álvarez (Tenente-Alcalde de A Pontenova), Antón Veiga (Deputado-Delegado Provincial de Cultura e Deporte da Deputación Provincial de Lugo); Paco Veiga (Directivo da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional) e Carlos Bermúdez (Presidente do Club de Xogos e Deporte Populares e Tradicionais de Santalla, organizador da mostra).


INTERVENCIÓNS

José Manuel Álvarez, o Tenente-alcalde de A Pontenova abriu a presentación destacando o “agradecemento ás veciñas e veciños de Santalla polo seu traballo e esforzo para posibilitar a organización desta II Mostra. Para o noso concello é moi importante que estas iniciativas teñan continuidade, como é o caso de Santalla”. “Supón unha importante dinamización da cultura, do deporte e do turismo do concello, tal e como se puido comprobar na edición anterior co grande número de visitantes”. Así mesmo o tenente-alcalde destacou “o firme apoio do Concello a iniciativas deste tipo e sobre todo se son desenvolvidas polos veciños. Augurou un bo éxito para esta edición e animou a todos os veciños de A Pontenova a que desenvolvan iniciativa semellantes e que se acheguen ese día ata Santalla para desfrutar dunha animada xornada lúdico-deportiva .


Pola súa banda Carlos Bermúdez (Presidente do Club de Xogos e Deporte Populares e Tradicionais de Santalla, organizador da mostra) fixo unha descrición do programa de actividades da II MOSTRA DE XOGOS E DEPORTES TRADICIONAIS coas novidades deste ano. Destacou o éxito da edición anterior en canto á participación, ás visitas e á calidade das actividades. Salientou que “tanto o Concello de A Pontenova como a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral para o Deporte e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural; así como a Delegación de Cultura e Deporte da Deputación Provincial de Lugo implicáronse no desenvolvemento do evento, algo que indica que os xogos e deportes tradicionais contan, tras anos de esquecemento, co apoio institucional que precisan para o seu rexurdimento”.

Carlos Bermúdez tamén destacou que grazas á I Mostra celebrada o ano pasado, máis de 100 xogadores de bolos de A Mariña formalizaron a súa licenza na Federación Galega de Bolos e agora compiten de forma regular cos clubs da comarca e incluso no Campionato Galego e competicións internacionais.

Así mesmo, o respaldo que a ASOCIACIÓN GALEGA DO XOGO POPULAR E TRADICIONAL; a FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS; a LIGA GALEGA DE CHAVE e a LIGA NACIONAL DE BILLARDA e outras asociacións e clubs que asistirán ao evento lle están a dar á Mostra certifica que este tipo de iniciativas non son algo illado senón que supoñen unha demanda que os cidadáns e cidadás manifestan respecto da posta en marcha de propostas como esta.


Paco Veiga (Directivo da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional), destacou que “esta Mostra estase convertendo na convocatoria de referencia en toda Galicia e fóra do país das relacionadas cos Xogos e Deportes Tradicionais, posto que un mesmo evento une diferentes tipoloxías de xogos e deportes, algo que é moi difícil de conseguir.” Destacou tamén que “desde a creación de BRINQUEDIA, que tenta coordinar a todas as entidades e persoas vinculadas cos Xogos e Deportes Tradicionais, estas iniciativas cobraron moito máis peso”. Por outra banda quixo destacar o grande apoio que o sector dinamizador do patrimonio lúdico e deportivo tradicional está a ter nestes últimos anos das institucións, para o desenvolvemento e posta en valor dos xogos e deportes tradicionais, principalmente desde a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.


Antón Veiga (Deputado-Delegado Provincial de Cultura e Deporte da Deputación Provincial de Lugo) sinalou que “desde a chegada ao goberno temos entre as nosas prioridades o desenvolvemento de proxectos de dinamización e de reforma de instalacións dos deportes tradicionais”. Indicou que “a Delegación de deportes da Deputación debe ser a correa de transmisión cos concellos e co asociacionismo para contribuír ao desenvolvemento destas iniciativas”. Destacou a grande influenza que este evento vai ter para a dinamización da comarca a nivel cultural, deportivo e turístico, posto que se deprazará un grande número de participantes e visitantes de diferentes punto do país galego e de fóra.

Por outra parte, Antón Veiga aproveitando a presenza da Directora Xeral para o Deporte felicitou o traballo que a súa Dirección Xeral está desenvolvemento a prol dos xogos e dos deportes tradicionais.

Finalmente pechou o acto de presentación Marta Souto (Directora Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia) quen sinalou que “afortunadamente temos xente que cre no noso país e que defende e promociona o rico patrimonio lúdico-deportivo co que contamos en Galiza, como é o caso das e dos veciños de Santalla que conseguen con este evento a confluenza de países, administracións, federacións, clubs e asociacións cun obxectivo común, a posta en valor dos xogos e deportes tradicionais”.

A Directora Xeral para o Deporte destacou que a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral para o Deporte e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural está desenvolvendo un Plan de dinamización do pratrimonio lúdico-deportivo tradicional de Galiza co obxectivo de recuperar, poñer en valor, dinamizar e transmitir os xogos e deportes tradicionais”.

Así mesmo, indicou que “a presenza de parte da Exposición de embarcacións tradicionais que estivo presente na Feira Marítima Internacional de Brest, na que Galiza foi país convidado de honra pola organización o pasado mes de xullo, suporá o achegamento do mar ás zonas do interior”.

DATOS SALIENTABLES DA II MOSTRA

O evento desenvólvese na vila de Santalla, en varias parcelas duns 5.000 metros cadrados, rodeada de alpendres, cabozos, hórreos e monte, sen dúbida nun marco incomparable semellante aos espazos utilizados antigamente para a realización destes xogos e deportes.

O obxectivo desta II edición da Mostra é consolidar as actividades do ano pasado e incorporar algunha nova como é o caso das propostas da Federación Bizkaína de Xogos e Deporte Vascos e a Exposición de 18 modalidades deportivas de Euskadi que traerá a Deputación Foral de Bizkaia. Preténdese tamén con este evento concienciar á cidadanía para que non esqueza os xogos e deportes que se practicaban antigamente, e non só iso, senón que os adultos e maiores ensinen aos nenos e nenas como se desenvolven estes xogos e deportes, que conforman o patrimonio lúdico, para que volvan a formar parte do seu tempo de lecer.

Outros puntos destacados son:

- Preto de 50 Asociacións e máis de 300 deportistas de toda Galicia, Portugal, Euskadi, Asturias e Castela-León acudirán ese día para exhibir os xogos que practican nas súas zonas e ensinaranlles aos asistentes a orixe destes, o seu desenvolvemento e as súas variantes.
- Preto de 100 xogos e deportes tradicionais poderanse ver e practicar na pequena vila de Santalla, no concello de A Pontenova o vindeiro 30 de agosto, dende as 11:00 ás 19:00 horas.
- Entre eles destaca o II TORNEO GALEGO INDIVIDUAL DE BOLO CELTA que atraerá xogadores/as galegos/as e asturianos/as.
- Destaca o Torneo da Liga Nacional de Billarda e o Torneo da Liga Galega de Chave que atraerá xogadores/as de todas as asociacións que participan durante todo o ano na Liga Galega de Chave.
- Un dos aspectos máis salientables desta mostra serán as exhibicións dos deportistas asturianos e vascos, co corte de troncos, levantamento de pedras, lanzamento de fardo, yunque, levantamento de fardo, etc..
- O concerto de Treixadura Gaiteiros e Orfeón tamén será un dos momentos máis esperados da xornada.
- Presenza de parte da Exposición de embarcacións tradicionais que estivo presente na Feira Marítima Internacional de Brest, na que Galiza foi país convidado de honra pola organización o pasado mes de xullo.


ENTIDADES E PERSOAS PARTICIPANTES

1. Agrupación Cultural Francisco Lanza (Ribadeo).
2. Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.
3. Associação de Jogos Tradicionais da Guarda (Portugal).
4. Asociación Cultural la Tanguilla (Castela-León).
5. Asociación Xogadores da Chave de Santiago de Compostela.
6. Asociación Cultural Deportiva da Chave (Ourense).
7. Asociación A Irmandade de Chave (A Coruña).
8. Asociación Cultural e Deportiva O Varal (A Mariña).
9. Asociación ARCASCO (Santa Comba de Órrea –Riotorto-).
10. Bolos da Carrasca (Nigrán).
11. Cabaleiros dos Gabeás (A Pontenova).
12. Club Amigos da Chave de Ferrolterra.
13. Club Cruceiro de Meilán (Santa Marta – Riotorto).
14. Club Bolos Camos (Nigrán).
15. Club Bolos do Ceán (Nigrán).
16. Club Bolos A Xunqueira (Gondomar).
17. Club Bolos Peitieiros (Gondomar).
18. Club Bolos San Cibrán (Gondomar).
19. Club Bolos San Vicente de Mañufe (Gondomar).
20. Club Bolos A Rega (Baiona).
21. Club Bolos Belesar Urgal (Baiona).
22. Club Bolos Mediaaldea (Baiona).
23. Club Bolos Punxeiro (Viana do Bolo).
24. Club de Bolos Ribatra (Ribadeo-Barreiros-Ribatra).
25. Club Bolos Quintela (Viana do Bolo).
26. Club Bolos San Roque (Nigrán).
27. Club Bolos Valladares (Vigo).
28. Club Bolos Xove (Xove).
29. Club de Xogos e Deportes Populares e Tradicionais de Santalla (A Pontenova).
30. Club de Bolos Campocruceiro (Pousada – A Pastoriza).
31. Club de Loitas Tradicionais A Cambadela (A Estrada).
32. Deputación Foral de Bizkaia (Euskadi).
33. Federación Galega de Bolos.
34. Federación Bizkaína de Xogos e Deportes Vascos (Euskadi).
35. Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
36. Liga Galega de Chave.
37. Liga Nacional de Billarda
38. Peña La Panera (Cangas de Narcea – Asturias).
39. Chuchurumel.
40. Treixadura Gaiteiros e Orfeón.
41. Antón Cortizas, Xosé Manuel García e Xosé López (Exposición e obradoiro xoguetes tradicionais).


ACTIVIDADES




FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA E FLUVIAL

1. Exposición de embarcacións tradicionais galegas.
2. Proxección de videos da cultura marítima e fluvial.


FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS e CLUBS DE BOLOS

3. Torneo Galego Individual de Bolo Celta.


FEDERACIÓN BIZCAINA DE XOGOS E DEPORTES VASCOS
(Exhibición e dinamización aos/ás visitantes)

4. Levantamento de pedras.
5. Lanzamento de fardo.
6. Yunque.
7. Levantamento de fardo.

DEPUTACIÓN FORAL DE BIZCAIA
(Exposición de “Herri Kirolak” – “Xogos e Deportes Vascos”)
18 disciplinas recoñecidas polo Goberno Vasco

8. Corte de troncos con hacha
9. Arrastre de pedra por bois.
10. Arrastre de pedra por burros.
11. Arrastre de pedra por cabalos .
12. Arrastre de pedra por persoas.
13. Barrenadores.
14. Levantamiento de piedra.
15. Recollida de mazorcas.
16. Sega.
17. Transporte de txingas
18. Sokatira
19. Corte de troncos con tronza.
20. Trasporte de cantinas
21. Levantamento de yunke
22. Xogo do carro.
23. Transporte de sacos
24. Lanzamento de fardo
25. Levantamento de fardo



CLUB DE LOITAS TRADICIONAIS A CAMBADELA (A ESTRADA)

26. Loita Tradicional Galega.


LIGA GALEGA DE CHAVE E CLUBS DE CHAVE

27. Torneo Galego de Chave.

ASOCIACIÓN GALEGA DO XOGO POPULAR E TRADICIONAL

28. Aros.
29. Pescar a botella.
30. Birlos ao canteiro.
31. Zancos.
32. Tres en raia.
33. Mariola.
34. Ra.
35. Trompo.
36. Arrastrar a tartaruga.
37. Exposición de CARRILANAS.
38. Corda.
39. Chapas.
40. Chave de Santiago.
41. Chave de Tui.
42. Goma.
43. Bólas.
44. Tiro á lata.
45. Tirapedras
46. O xogo das olas.
47. O ovo.
48. Olas.
49. Petanca
50. Porca.
51. Estornela.
52. Roma.

ASSOCIAÇÃO DE JOGOS TRADICIONAIS DA GUARDA (PORTUGAL)

53. Espeto.
54. Pedra.
55. Ferro.
56. Burro.
57. Cantarinha.
58. Prego
59. Pião
60. Piosca
61. Rapa

ASOCIACIÓN CULTURAL LA TANGUILLA (CASTELA-LEÓN)

62. Calva.
63. Bolos de Villanueva de Gumiel.
64. Tanguilla.
65. Ferradura.


CLUB DEPORTIVO 6 CONCEYOS (ASTURIAS)

66. Carrera de sacos.
67. Carrera de lecheres.
68. Carrera de panolles.
69. Tiru al palu.
70. Corta de troncos con hachu.
71. Corta de troncos con tronzón e castillete.
72. Corta en altura.
73. Dexabolu.
74. La Llave.
75. Tiru de cuerda.
76. Sierra de viento.
77. Lanzamiento de barra.
78. Rana.
79. Cuatreada.


ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA O VARAL (A MARIÑA)

80. A Billarda ou Estornela.


CLUB DE BOLOS CAMPOCRUCEIRO (Pousada – A Pastoriza)
ASOCIACIÓN ARCASCO (Santa Comba de Órrea)

81. Bolos en liña (entre 6 e 9 bolos en liña separados).


CLUB CRUCEIRO DE MEILÁN (Santa Marta – Riotorto)

82. Bolos de lastra ou bolos en liña (9 bolos separados).


CLUB BOLOS XOVE (Xove)

83. Bolos en Raia de Xove (10 bolos xuntos incrustados na base da lastra).


CLUB XOGOS E DEPORTES POPULARES E TRADICIONAIS DE SANTALLA (A Pontenova)

84. Bolos en liña (9 bolos xuntos).


CLUB BOLOS RIBATRA (Ribadeo, Barreiros, Trabada)

85. Bolos en liña (10 bolos xuntos).
86. Bolos ao canteiro (9 bolos separados formando un rombo).


CLUB AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA

87. Chave modalidade Ferrolterra.


ASOCIACIÓN XOGADORES DA CHAVE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

88. Chave modalidade Santiaguesa.


ASOCIACIÓN CULTURAL DEPORTIVA DA CHAVE (OURENSE)

89. Chave modalidade Ourensana.




ANTÓN CORTIZAS, XOSÉ MANUEL GARCÍA e XOSÉ LÓPEZ
(Exposición de xoguetes tradicionais – 300 pezas -)


90. Xoguetes de primaveira (flautas de castiñeiro, chifre de amieiro, axouxere, grileira de xunco, etc....).
91. Xoguetes de verán (gorros de folla, gorros de recandeos, carrilanas, etc...).
92. Xoguetes de Outono (rin-ran ou ruxe-ruxe, boi de corozo de millo, bonecas de millo, etc...).
93. Xoguetes de Inverno (Zoadeiras, muiños, etc...).
94. Obradoiro de XOGUETES TRADICIONAIS (realizados con noces, ramallos de árbores autóctonas, fíos, etc....).


CABALEIROS DOS GABEAS (A PONTENOVA)

95. Monta a cabalo.

OUTRAS ACTIVIDADES

96. Concerto música tradicional portuguesa e de orixe celta (Chuchurumel).
97. Concerto música tradicional galega (Treixadura Gaiteiros e Orfeón).



HORARIO DA XORNADA



Dende as 11:00 horas ata as 20:00 horas todo o mundo que se achegue á Mostra poderá ir participando en todos os xogos e deportes.

En cada un dos xogos e deportes haberá monitores/as especializados/as para explicar o desenvolvemento dos mesmos.

Así mesmo, a ao longo de todo o día os Cabaleiros dos Gabeás ensinarán a todo o que desexe a montar a cabalo.

As actividades máis salientables desenvolveranse nos seguintes horarios:

- 11:00 ata a clausura:
 Inicio Torneo Galego Individual de Bolo Celta.
 Inicio Torneo de Chave.
 Inicio Torneo de Billarda.
 Inicio exposicións e actividades.
 Participación das e dos visitantes en todas as actividades.
- 12:30:
 Exhibicións deportes tradicionais País Vasco, Asturias, Galicia, Castela-León e Portugal.
- 15:00:
 Concerto música tradicional galega (TREIXADURA GAITEIROS E ORFEÓN).
- 16:30/17:00:
 Exhibicións deportes tradicionais País Vasco, Asturias, Galicia, Castela-León e Portugal.
- 19:30:
 Entrega de trofeos, agasallos e clausura.


Ao longo do día tamén haberá un concerto de música tradicional portuguesa e música de orixe celta (Grupo Chuchurumel).

VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.