lunes, 5 de noviembre de 2012

Cursos Gratuítos Das Novas Tecnoloxías


A Deputación amosa na Mariña as vantaxes das novas tecnoloxías con 9 cursos gratuítos que suman 140 prazas

A Pontenova, onde arrancan hoxe mesmo dúas das xornadas, Burela, Ribadeo, Foz e Mondoñedo son os 5 Concellos nos que o Centro de Innovación Social impartirá ata finais de ano as accións formativas, dirixidas a todo tipo de público.

Como buscar emprego a través de Internet ou encontrar as mellores ofertas e lugares na Rede; crear blogs, copias de seguridade, ou manexar o correo electrónico e as follas de cálculo son algúns dos temas que se abordarán nos cursos.

A Pontenova: Entre hoxe e o mércores desenvolveranse, na Casa da Cultura, as xornadas Catálogo de produtos e servizos na Rede (como crear unha revista e catálogo de produtos de liña ISSUU), en horario de 16:00 a 18:00 e con unha decena de inscritos; e As Mellores ofertas e lugares na palma da man (aplicacións móbiles para buscar sitios e ofertas), en horario de 18:00 a 20:00 horas, e con 6 participantes.

As persoas interesadas en participar, tanto nas xornadas da Mariña, como en calquera das que restan ata finais de ano, poden anotarse por teléfono, chamando ó 982-22-51-86; on line, accedendo á páxina web www.deputacionlugo.org ou ben presencialmente, acudindo ás instalacións do propio In Lugo, situadas na rúa Frei Plácido Rei Lemos, na segunda planta da Escola de Imaxe e Son (EIS). A inscrición está aberta ata esgotarse as prazas dos cursos, dirixidos a todo tipo de público: mozos e maiores, familias, desempregados, traballadores, emprendedores, empresarios e persoas con discapacidade. Os alumnos recibirán ó finalizar a acción formativa un diploma oficial da Deputación que acredita a súa participación. A programación dos talleres (lugar e horario) pode consultarse na web do organismo provincial.

Para leer mas visite a la pagina de la Deputación de Lugo.

 

Cea da generación do 1948


A generación do 1948 vai a celebrar unha cea de confraternidade o vindeiro sábado 24 de Noviembre as 21:00 horas no Hotel San Briz de a Pontenova. Os interesados en asistir poden anotarse no 982 34 23 89 (San Briz) ou no 652 09 95 87 (Fernando de Macón). Título
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.