martes, 15 de mayo de 2012

II. Entrevistas con morriña - Perfecto Conde

Entrevista realizada por Santiago Coladas-Guzmán García.

Voltamos novamente ca sección de “Entrevistas con morriña” e para esta segunda entrega tivemos o placer de entrevistar ó xornalista Perfecto Conde Muruais (A Pontenova, 1943) a quen desde estas líneas lle queremos agradecer a súa colaboración.


Pontenova.es: ¿En que pobo do Concello naciche e cal é o nome polo que se conoce a túa casa?

–Eu nacín na aldea de Xinzo, parroquia de Vilameá. Unha aldea que daquela tiña arredor de 40 habitantes, agrupados en dez familias, e que na actualidade só viven alí permanentemente unha ducia escasa de persoas. A nosa casa chámase a Casa do Noble. Non sei de onde lle virá ese nome tan rimbombante.

Pontenova.es: ¿A que edad marchache da Pontenova e cales foron os motivos principais?

–Logo de estudiar o que daquela se chamaba Bacharelato Elemental e a súa correspondente Reválida, na academia do meu parente Enrique Muruais, sen dúbida un dos tres grandes profesores que tiven en toda a miña vida académica –os outros foron Xesús Alonso Montero no Instituto Masculino de Lugo e Xosé Manteiga Pedrares na Universidade de Santiago–, marchei a Lugo para facer o Bacharelato Superior, a Reválida Superior e o Preuniversitario. Despois funme a Santiago para estudiar a carreira que daquela se chamaba de Filosofía e Letras. E, máis tarde, a Madrid para estudiar Xornalismo na Escuela de Periodismo de la Iglesia, que hoxe xa non existe.
Dende aquela, vivin en Francia, en Santiago de Compostela e en Madrid, ata que me xubilei no ano 2008 e me quedei a vivir en Santiago. Durante case 40 anos exercín o xornalismo en medios de comunicación tan diferentes como a Gran Enciclopedia Galega, Televisión Española, Televisión Francesa, BBC, a radio estatal portuguesa, as revistas Triunfo, Cambio 16, Actualidad Económica, Interviú e Tiempo; os diarios El País, Avui, El Periódico de Catalunya, etc. Como enviado especial viaxei por toda Europa, América e parte de África e exercín cargos de dirección ou de redactor xefe nalgunha das publicacións para as que traballei. Tocoume un mundo laboral, social e cultural moi diferente ao que se está a vivir nestes momentos.
Tamén me publicaron un libro sobre o narcotráfico (“La conexión gallega. Del tabaco a la cocaína”, Ediciones B, Barcelona 1991) e outro de narrativa en galego (“Memoria infinda”, Ediciones Pentalfa, Santiago 1991).



Pontenova.es: ¿Cal foi a cidade ou cidades donde viviche maiormente ó largo da túa vida?

–En Santiago, onde volvo a vivir agora dende 1995, pasei tres etapas da miña vida. A primeira durou de 1962 a 1965, cando era estudiante. Logo funme ao Este de Francia, e regresei a Santiago ano e medio despois. En 1964 marchei a Madrid, onde estiven ata maio do 1972. E de Madrid, a Gijón ..........

Esquela funeral Eugenio López Rodríguez "Casa Cheno do Correo - Rececende"

Foto Antigua de Florinda de Castrillon Xudan

Ilda y Jeronimo da Casa Do Xastre de Eirixua

COPA DIPUTACION XUVENIL


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.