domingo, 3 de marzo de 2013

MALESTAR ENTRE DISTINTOS SECTORES DE A PONTENOVA POLA APROBACIÓN DE NOVAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS.

O Partido Popular de A Pontenova está a recibir fortes críticas dos usuarios das escolas deportivas municipais e da escola de teatro pola aprobación no último pleno das respectivas Ordenanzas para establecer as taxas pola prestación destes servizos que ata o de agora viñan sendo gratuitos. E as protestas se centran non tanto polas cuantías xa que moitos entenden que para ter os servizos hai que colaborar para mantelos senon polo feito de ser inxusto e discriminatorio xa que non existe ningún tipo de bonificación, o que conleva que para aquelas actividades nas que participen varios membros da mesma familia, e sobre todo tendo en conta a situación económica que estamos a vivir,  non existe ningunha bonificación e ademais tampouco se contempla ningunha polo nivel de ingresos da unidade familiar, discapacidade, etc., polo que pagarán igual aqueles que teñan uns ingresos de 600 € ao mes como os que perciban 2000 € ao mes.

Por outra banda tamén no sector comercial e empresarial vese con preocupación as novas taxas aprobadas polo goberno local, concretamente a que regula a realización de actividades administrativas con motivo da apertura de establecementos e a de ocupación de terreos de uso público con mercaderías, materiais de construcción, escombros, vaias, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas. Os comerciantes e empresarios de A Pontenova fannos chegar o seu malestar non só polo tema económico, que tamén, se non porque parece que en vez de intentar favorecer a reactivación da economía local o único que se fai e cada vez poñer máis “medidas disuasorias” e poucas facilidades e rapidez na resolución dos trámites de competencia municipal. O PP estuvo en contra destas novas taxas municipais porque xeran máis trabas que beneficios para o emprendemento do sector comercial e industrial do noso Concello.
 

Esquela funeral Evangelina Iravedra García "Casa Guxín - Santalla" - Riotorto


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.