jueves, 24 de julio de 2014

Esquela aniversario Dario Ramallal Leivas "Casa Leivas - As Roxas"


Esquela aniversario Valentina López Martínez "Casa Picos - Vilar de Conforto"


SPORTING PONTENOVA 2014/2015

O NOVO SPORTING VAI COLLENDO FORMA

Na foto de esquerda a dereita: Bruno Bouza, Rubenon, Dani Moiron (Adestrador) e Adrian Pasarin

 Co único obxetivo de salvar a categoría e ir, pouco a pouco consolidándose na categoría, traballa o Sporting Pontenova para esta ilusionante temporada que se lle presenta.

No capítulo de Altas, figuran:
  • Ruben Acevedo. Porteiro
  •  Adrian Pasarín. Dianteiro
  • Bruno Bouza. Central
Os tres proceden do Astur Vegadense, de facer unha espectacular campaña en 1ª Rexional, finalizando na 7ª posición.
  •  Alex Enriquez “Caseto”. Mediapunta. Actualmente estaba sen equipo, xa pertenceu o Sporting en anteriores temporadas.
  •   Miguel Villarquide. Dianteiro. Procedente do equipo Xuvenil

A directiva está mantendo conversacións avanzadas cun par de xogadores mais para dar por cerrada a plantilla, pero de momento non hai nada confirmado.

Ademáis os xogadores do equipo xuvenil Borja Lombardero, Oscar e Rodrigo farán a pretemporada co primeiro equipo como premios ao esforzó e compromiso da tempada pasada.

Esperamos que este ano nos respete mais as lesións, e poder contar con xogadores importantes que o ano pasado prácticamente non pudieron aportar nada o equipo, como o caso de Venancio, Maketo, Fran, homes chamados a marcar a diferencia nesta categoría.

No apartado de baixas, o equipo prácticamente mantén o bloque das últimas temporadas, basando a filosofía en xente da casa.

Deixan o equipo por diferentes circunstancias:

  •    Ivan Lombardia
  •     Manuel Lodos “Lolo”
  •     Iago Edrosa (Iberia C.F.)
  •     Otto Rodriguez (Abandona a práctica do Fútbol)

A pretemporada dará comezo o vindeiro venres 1 de Agosto. O equipo realizará gran parte da súa preparacion no Campo do Trabada, debido as tardias obras de mellora que se están a realizar no Campo da Mina. Dende aqui queremos agradecer o Concello de Trabada a súa hospitalidade e predisposición. 

Os partidos amistosos tamén os xogaremos todos como equipo visitante. 


 Os amistosos xa están cerrados o completo.
·         10/08 Iberia – Sporting Pontenova
·         16/08 Alfoz – Sp. Pontenova
·         17/08 Candelaria – Sp. Pontenova
·         27/08 Guntin – Sp. Pontenova
·         30/08 Muimenta – Sp. Pontenova
·         31/08 Mondoñedo – Sp. Pontenova

¡ AÚPA SPORTING!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.