jueves, 23 de enero de 2014

Esquela aniversario María Rosa Conde Díaz "Casa Losada - Ermida Vilaboa"


PP de A Pontenova alerta do perigo que presentan dúas pontes do municipio debido ao seu mal estado.

Dúas pontes de A Pontenova, ambas de titularidade provincial, en estado deplorable por mor da pasividade de Besteiro


Fuente: PP A Pontenova

PP de A Pontenova alerta do perigo que presentan dúas pontes do municipio debido ao seu mal estado

·       A falta de seguridade e a nula sinalización alertando do perigo que presentan estás dúas pontes incrementan o risco para todo conductor ou viandante que pase pola zona

·       Unha das pontes ubícase na LU-P 4804 e outra na LU-P 4802, ámbalas dúas situadas en estradas transitadas e en zonas de acceso aos núcleos da poboación

·       Os populares urxen a Besteiro a que arranxe inmediatamente estas dúas pontes e instan ao rexedor a que non quede de brazos cruzados, como estivo ata o de agora, e inste ao seu socio de goberno a que solvente esta problemática

SPORTING PONTENOVA. VETERANOS 2014



Este domingo as 12:00h no Campo da Mina vai a ter lugar unha reunión informativa para todos aqueles rapaces de mais de 30 anos, que queiran formar parte deste equipo. Non é necesario ter formado parte do Sporting Pontenova antigamente, simplemente ter gañas de pasalo ben e disfrutar facendo deporte mediante unha competición reglada.

Este ano houbo modificacións na Liga Do Norte de Veteranos, dará comenzo o Sábado 01 de Febreiro de 2014, para deste xeito poder descansar os meses de Xullo e Agosto. Os partidos, ao igual que o ano pasado disputarnase cada 15 días.

Anímate a formar parte deste clube.


¡Aúpa Sporting!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.