jueves, 23 de enero de 2014

PP de A Pontenova alerta do perigo que presentan dúas pontes do municipio debido ao seu mal estado.

Dúas pontes de A Pontenova, ambas de titularidade provincial, en estado deplorable por mor da pasividade de Besteiro


Fuente: PP A Pontenova

PP de A Pontenova alerta do perigo que presentan dúas pontes do municipio debido ao seu mal estado

·       A falta de seguridade e a nula sinalización alertando do perigo que presentan estás dúas pontes incrementan o risco para todo conductor ou viandante que pase pola zona

·       Unha das pontes ubícase na LU-P 4804 e outra na LU-P 4802, ámbalas dúas situadas en estradas transitadas e en zonas de acceso aos núcleos da poboación

·       Os populares urxen a Besteiro a que arranxe inmediatamente estas dúas pontes e instan ao rexedor a que non quede de brazos cruzados, como estivo ata o de agora, e inste ao seu socio de goberno a que solvente esta problemática


Pontenova, 22 de xaneiro de 2014.- O voceiro do PP en A Pontenova, Jorge García, denunciou esta mañá o estado deplorable que presentan dúas pontes ubicadas en dito municipio e a conseguinte perigosidade que traen consigo para os conductores e viandantes que transcurran pola zona.

García criticou a falta de seguridade, tal como a inexistencia de barandas, e a nula sinalización alertando do perigo que presentan ámbalas dúas pontes, cun considerable desnivel en ámbolos dous casos.
  
O popular afirmou que unha das pontes ubícase na LU-P 4804 e outra na LU-P 4802, ámbalas dúas, de titularidade provincial, e situadas en estradas transitadas e en zonas de acceso aos núcleos da poboación.

Jorge García denunciou que estas pontes levan máis dun ano nesta situación, incluso unha delas, máis de dous, polo que urxe a Gómez Besteiro, como responsable das mesmas,  a que solvente esta situación antes de que aconteza unha desgracia e insta ao rexedor, o Señor Darío Campos, a que non permanezca un momento máis de brazos cruzados, como estivo ata o de agora, e inste ao seu socio de goberno na Deputación de Lugo, a que solvente esta problemática.





Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.