C.D. COSPEITO 0 - SPORTING PONTENOVA 4
Goles: Matelo II,
Christian e Roxo.
O equipo líder, no defraudou na súa visita o
"Campo do Pichón" en Muimenta, onde xogaba como local o C.D.Cospeito.
Nunha maña marcada polo estado recasoso dalgún dos membros do plantel, o
equipo planteou un encontro serio, no que so valía sacar os tres puntos
para aproximarse máis o título ligueiro. Con baixas importantes, e
algunha rotación por parte do técnico da Mina, o equipo non pasou
problemas e soubo resolver ante un equipo, en todo momento inferior.
A
próxima semana será clave para as aspiracións sportinguistas. O venres,
aproveitando a festividade de San Xosé, o equipo desprázase o Campo dal
Valgas, para medirse o colista do grupo, o Iberia C.F. as 11:30h.
Posteriormente o sábado, recibirán no Campo da Mina, o poderoso E.D.
Lourenzá, que está na pelexa por conseguir un posto que lle permita
disputar a fase de ascenso a Liga Galega. Os de Dani Moirón, de non
perder ningún dos dous enfrontamentos, poderían cantar o tan
ansiado"alirón" o sábado diante dos seus aficcionados, a falta de tres
xornadas para o remate ligueiro.