viernes, 31 de octubre de 2008

PARA LOS POPULARES LA MARIÑA PIERDE PESO EN EL PRESUPUESTO DE LA XUNTA


Balseiro rodeado de portavoces y alcaldes popularesEl parlamentario autonómico del PP, José Manuel Balseiro, dijo en Ribadeo que desde el año 2006 las inversiones del gobierno de la Xunta (PSOE-BNG) bajan año a año, perdiendo peso esta comarca en el conjunto de la geografía gallega. Pero sin lugar a dudas los hechos que mejor simplifican lo que supone la Mariña para los presupuestos de la Xunta son los proyectos no realizados. En la actualidad hay ocho consellerías que no dedican ni un solo euro para la Mariña en los presupuestos del 2009.
Non parecen convincentes tampouco as achegas que o Goberno galego fai, nas contas do 2009, para a promoción do solo industrial. Malia que o BNG amosouse disposto a levar adiante esta obra, o poligono supramunicipal de ALCOA, unha aposta de futuro e de interese estratéxico, está condenada ao esquecemento por parte das contas do bipartito. Ademais o resto dos polígonos industriais vén diminuídas as súas achegas orzamentarias ou, en todo caso, como aconteceu como os de A Pontenova, Viveiro (Landrove), Alfoz-O Valadouro, malia que están previstos, nunca chegarán a executarse.

NOVA COMPLTA




· A piques de rematar a actual lexislatura non se ten construído un só quilómetro do corredor da Costa, non se acometeu a obra de ampliación do hospital, nin se procedeu á apertura dos parques de bombeiros. O bipartito non contemplou nestes tres últimos anos novas dotacións educativas ou sanitarias, nin puxo en marcha novos centros de día para a atención ás persoas maiores.

· Algúns datos significativos do informe elaborado polo PPdeG respecto das contas autonómicas:

Ä Desde o 2006 as achegas orzamentarias da Xunta con destino concreto na nosa comarca veñen diminuíndo ano tras ano: De recibir 30 M€ no 2005 a 14,8 M€ no 2009.

Ä Os mariñáns perdemos 52 euros con respecto ao 2008 xa que o investimento por habitante non supera os 199 euros.

Ä Case catro anos despois de acceder ao Goberno PSOE e BNG o investimento por habitante redúcese en 201 euros. Polo que perdemos máis do que recibimos.

Ä Segundo os cálculos efectuados polo PPdeG a Xunta de Galicia deixou de investir máis de 14 millóns de euros. Isto é máis do 75,96% do total do orzamento previsto no 2008.

O deputado mariñán do Partido Popular de Galicia (PPdeG), José Manuel Balseiro Orol presentou no día de hoxe, en rolda de prensa, o informe que analiza e valora o proxecto de orzamentos autonómicos para 2009. O estudo elaborado polos populares confirma que a lexislatura que esta a piques de rematar foron “catro anos baleiros para A Mariña”.

A CONTUNDENCIA DOS DATOS

A devandita afirmación ten o seu aval nos datos e nas cifras manexadas neste análise segundo a cal, a nosa comarca recibirá preto de 4 millóns de euros menos en obras e investimentos con destino determinado que se o comparamos co consignado fai un ano. Se nas contas autonómicas do 2008 comprometíanse 18,8 millóns de euros para A Mariña o proxecto de orzamentos para 2009 tan só contempla 14,9 millóns de euros. “Falamos dunha caída próxima ao 21% en tan só un ano. Socialistas e nacionalistas protagonizan un castigo inaceptable e inxustificable que vai en detrimento do futuro desta comarca e das aspiracións de todos os seus veciños”

Os datos son aínda moito máis negativos se comparamos as achegas que a Xunta quere destinar no 2009 en relación coas que no 2005 consignaba o último orzamento elaborado por un Goberno do PPdeG. Fai catro anos o Executivo popular consignaba obras e investimentos por valor de 30 millóns de euros. Hoxe, a Xunta de Galicia reduce esta cifra case na metade “Confirmando unha tendencia á baixa xa que, desde o ano 2006, cada vez que o Goberno bipartito elaborou un orzamento aproveitou para reducir as achegas con destino concreto na nosa comarca. Un goteo incesante corrobora a marxinación da Mariña e a perda de peso da nosa comarca en relación no conxunto da xeografía galega”

Falando en termos de investimento por habitante os datos son, a xuízo do PPdeG, suficientemente elocuentes: Mentres no 2005 o Goberno do PP destinaba 400 € aos mariñáns, o actual Executivo autonómico veu diminuíndo estas achegas ata reducilas en máis da metade. Hoxe cada mariñán recibe 199 euros “E polo que, nesta lexislatura acabamos perdendo máis do que recibimos”. Se a comparación a facemos cinguíndonos á ultima anualidade, os mariñáns deixarán de recibir 52 euros, isto é, -176 menos cao resto dos lucenses (que reciben 374 no seu conxunto) e unha cifra moi lonxe dos 1.185 que reciben o conxunto dos galegos.

PSOE E BNG NON ACOMETERON NINGÚN PROXECTO ESTRATÉXICO

Pero sen lugar a dúbidas, os feitos que mellor exemplifican o baleiro que, para A Mariña, supuxeron os orzamentos da Xunta aparecen descritos na seguinte frase “A piques de rematar a actual lexislatura non se ten construído un só quilómetro do corredor da Costa, non se acometeu a obra de ampliación do hospital, nin se procedeu á apertura dos parques de bombeiros. O bipartito non contemplou nestes tres últimos anos novas dotacións educativas ou sanitarias, nin puxo en marcha novos centros de día para a atención ás persoas maiores”. É dicir que, “salvo pequenas excepcións, ningún dos grades proxectos de interese estratéxico, ou das necesidades máis salientables dos veciños desta comarca, forman parte das previsións da Xunta no 2009, nin foron levadas a adiante polo bipartito nesta lexislatura”



A MARIÑA “NON EXISTE” PARA 7 DAS 13 CONSELLERÍAS

A maiores de todo isto, “ a nosa comarca parece non existir para o bipartito” pois existen varias consellerías e organismos de competencia autonómica que, no desgolse dos seus orzamentos reais, non comprometen nin un só euro con destino concreto na Mariña: “Para Pesca, Medio Rural, Industria, Economía, Cultura e Deporte, Medio Ambiente e Traballo os mariñáns non existen” e “as contas para 2009 elaboradas por PSOE e BNG non inclúen ningunha partida específica para construción de vivenda social, centros de saúde ou estradas nalgún dos concellos da nosa bisbarra”

14 MILLÓNS DE EUROS SEN EXECUTAR

Finalmente, o estudo do PPdeG analiza aqueles proxectos que, incluídos nas contas do 2008 non foron executadas parcial ou totalmente “polo que, malia que no seu momento formaban parte dos compromisos do Executivo bipartito coa Mariña pronto se converteron en incumprimentos”. Balseiro Orol calcula que esta cifra supera os 14,3 millóns de euros e inclúe as actuacións seguintes:


ORZAMENTO SEN EXECUTAR ANO 2008
ACTUACIÓN

INVESTIMENTOS 2008
Reforma e ampliación IES e CIFP Ribadeo


600.000
Reformas diversas Hospital da Costa


1.000.000
Vial de Alta Capacidade (Corredor) A Mariña


712.908
Acceso ao porto de Burela


2.516.758
Polígono de A Pontenova


1.464.902
Polígono de Viveiro (Landrove)


4.062.437
Polígono Valadouro-Alfoz

68.838

Dragado da Canle de Acceso ao Peirado de Mirasol


517.241
Ampliación do Peirado Comercial de Burela *


2.413.793,2
Acondicionamento do Borde Portuario en Ribadeo


86.207
Mellora da Seguridade Vial no Peirado Porcillán (Ribadeo)


450.000
Remodelación ao acceso porto comercial Ribadeo **


451.194
TOTAL

14.344.278 €


En resume, o 78,96% do orzamentos comprometido para o ano en curso permanece pendente de executarse a dous meses de rematar o presente exercicio. “O Bigoberno non cumpre coa Mariña e, en consecuencia, os veciños tan só reciben 60 dos 251 euros que, no 2008, prometeron achegar”

“PARÓN” NAS OBRAS E SERVIZOS CONCRETOS

Finalmente, o deputado autonómico do PPdeG, analiza polo miúdo cada unha das actuacións incluídas nas constas do 2009. No seu conxunto evidencian certo “parón” xa que contemplan menos diñeiro do inicialmente previsto. “Non contentos con reducir o importe global do orzamento, PSOE e BNG seguen a recortar as achegas para proxectos de importancia estratéxica como son o corredor da Costa, nos treitos que transcorren entre O Vicedo e San Cibrao, o Hospital da Costa e os principais polígonos industriais”

“O actual proxecto de orzamentos, tal e como está configurado confirma que a Vía de Alta Capacidade non estará no 2011, o que deixa en evidencia os compromisos adquiridos polo señor Touriño e pola conselleira Maria José Caride que publicamente falaron desta data como o horizonte temporal de finalización da obra”. Lonxe desta realidade o certo é que, máis do 80% do investimento nesta infraestrutura chegará a partir do 2012 e anos seguintes polo que, a deliberada paralización nestes catro anos e a falta de investimentos afastan, aínda máis, a data de entrada en servizo desta nova vía chamada a vertebrar e comunicar a nosa comarca co resto do territorio.

O deputado popular critica tamén a ausencia do prometido Plan Director do Hospital da Costa cuxa execución non aparece en ningunha das partidas do futuro exercicio. E máis, o centro hospitalaria mariñán limítase a recibir 680.000 euros dos máis de 6 millóns que o ano pasado comprometéronse achegar para mellorar e ampliar a súa estrutura e servizos.

Non parecen convincentes tampouco as achegas que o Goberno galego fai, nas contas do 2009, para a promoción do solo industrial. Malia que o BNG amosouse disposto a levar adiante esta obra, o poligono supramunicipal de ALCOA, unha aposta de futuro e de interese estratéxico, está condenada ao esquecemento por parte das contas do bipartito. Ademais o resto dos polígonos industriais vén diminuídas as súas achegas orzamentarias ou, en todo caso, como aconteceu como os de A Pontenova, Viveiro (Landrove), Alfoz-O Valadouro, malia que están previstos, nunca chegarán a executarse.

PRESIÓN POLÍTICA E SOCIAL






Balseiro Orol está convencido que só coa presión política e social desde A Mariña poderase “arrancar” algún compromiso a actual Xunta. Porque xa está demostrado que “para o señor Touriño e o señor Quitana tan só poñen atención naquelas áreas onde teñen medo de recibir un serio correctivo electoral, como castigo a súa mala xestión destes últimos catro anos”. Ao mesmo tento anunciou que todo o Partido Popular da Mariña traballa para corrixir estes orzamentos e poñer fin á marxinación que estamos a sufrir a través das correspondentes emendas.

El diputado popular José Manuel Balseiro, finalizó manifestando que Emilio PérezTouriño, Pte. de la Xunta, miente cuando viene a la Mariña y el BN traiciona a esta comarca mariñana.VOLVER



Os pontenoveses visita mañán ao actual líder de fútbol sala 1ª Nacional B


O Superti perdeu o seu primeiro encontro da tempada xogando como local. Un moi efectivo Concello de Vilamartín FS sorprendía aos mariñanos e levábase os tres puntos cunha victoria por 4 tantos a 7. A clave do partido para Josiño, técnico local, foi o número de goles encaixado polo seu equipo. «Sempre que nos meteron máis de catro goles esta tempada perdemos o encontro, porque nós somos un equipo ao que nos custa materializar as ocasións que creamos», afirmou, mentre o cadro visitante «chegou oito ou nove veces e anotou sete goles».
Na oitava xornada, ao conxunto pontenovés tócalle visitar a complicada pista do Cesuras O Loureiro, actual líder da categoría.

A Dirección Xeral para o Deporte subvenciona con máis de 60.000 euros a 25 clubes e asociacións


O club que recibirá unha maior aportación é o Burela FS con 22.875 euros. Para o Porto Celeiro FS irán 9.037,5 euros, a SD Burela recibirá 3.843 euros, o Viveiro CF percibirá 3.636 e o Celtas de Foz 3.204.
Outras entidades mariñanas percibirán menos de 1.000 euros. Trátase das asociacións e clubs SD Cangas, Concello de Trabada FS, Superti-A Pontenova, Sociedade Deportiva Ourol, Escolas Deportivas A Mariña Oriental, Sociedade Deportiva Ribadeo, Asociación Club Baloncesto Mondoñedo CB, SD Cervo-Sargadelos, Ribadeo FC, Sporting A Pontenova e ADC Zeppelin-San Román.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.