viernes, 31 de octubre de 2008

A Dirección Xeral para o Deporte subvenciona con máis de 60.000 euros a 25 clubes e asociacións


O club que recibirá unha maior aportación é o Burela FS con 22.875 euros. Para o Porto Celeiro FS irán 9.037,5 euros, a SD Burela recibirá 3.843 euros, o Viveiro CF percibirá 3.636 e o Celtas de Foz 3.204.
Outras entidades mariñanas percibirán menos de 1.000 euros. Trátase das asociacións e clubs SD Cangas, Concello de Trabada FS, Superti-A Pontenova, Sociedade Deportiva Ourol, Escolas Deportivas A Mariña Oriental, Sociedade Deportiva Ribadeo, Asociación Club Baloncesto Mondoñedo CB, SD Cervo-Sargadelos, Ribadeo FC, Sporting A Pontenova e ADC Zeppelin-San Román.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.