viernes, 31 de octubre de 2008

Os pontenoveses visita mañán ao actual líder de fútbol sala 1ª Nacional B


O Superti perdeu o seu primeiro encontro da tempada xogando como local. Un moi efectivo Concello de Vilamartín FS sorprendía aos mariñanos e levábase os tres puntos cunha victoria por 4 tantos a 7. A clave do partido para Josiño, técnico local, foi o número de goles encaixado polo seu equipo. «Sempre que nos meteron máis de catro goles esta tempada perdemos o encontro, porque nós somos un equipo ao que nos custa materializar as ocasións que creamos», afirmou, mentre o cadro visitante «chegou oito ou nove veces e anotou sete goles».
Na oitava xornada, ao conxunto pontenovés tócalle visitar a complicada pista do Cesuras O Loureiro, actual líder da categoría.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.