miércoles, 18 de julio de 2012

Nueva seccion - Contos Dos Pobos Pontenovenses

Después de varias sugerencias, hemos decidido dedicar una entrada para quien quiera mandarnos algunos cuentos o relatos de su pueblo; a tipo "po la vila". Solo pedimos que los cuentos/relatos sean respetuosos a los demás. Quien quiera empezar, nos puede mandar la información a pontenova.es@gmail.com. Pondremos el nombre de quien nos manda el relato y lo dejaremos como este escrito, si no quieres que aparezca tu nombre nos lo dices en el e-mail.  También se pueden añadir los cuentos como comentarios.

Festas de Outubro A Pontenova 2012

A comisión de festas de A Pontenova fará cambios importantes  Outubro 2012:

    -En primeiro lugar este ano decidimos retrasalas unha semana para que coincida co puente do Pilar.
    -A tradicional Queima dos Fornos  será o sábado 13.
    -Haberá  sesión vermú venres, sábado, domingo e luns ou sexa tódolos días.

Un pequeno adianto do programa en canto  a orquestras:       
Venres 12 SOLARA e TANGO
Sábado 13 ISMAEL , CAPITOL  e XV QUEIMA PIROMUSICAL DOS FORNOS
Domingo 14 POCEIRO e SATÉLITES
Luns 15 COSTA DORADA 

Seguiremos informando de próximas novedades!!!!!!!!!!!      
Nota enviada pola comisión de festas

ARTE Y PATRIMONIO EN LA MARIÑA LUCENSE: UN MOTOR PARA EL DESARROLLO COMARCAL

Fechas: del 18 al 20 de julio
Lugar:  Cine-Teatro de Ribadeo (Lugo)
Nº de horas lectivas: 25
Directores: José Manuel López Vázquez y Juan Monterroso Montero
Secretario: Diego Rodríguez Paz
 
 
PROGRAMA
 
18 de julio
 
9:30   Inauguración de las jornadas
 
10:00
Historia del arte y turismo: la puesta en valor de la retabilística en la Mariña Lucense
José Manuel López Vázquez (USC)

O BNG DA PONTENOVA ALERTA DE QUE O CONCELLO POIDA SEGUIR MANTENDO O SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO


Mónica Rancaño critica que “ao eliminar as axudas a Xunta de Galiza queda en entredito que se poida seguir mantendo o servizo de axuda no fogar”
O Concello da Pontenova foi o único da  provincia que non solicitou a axuda á Deputación Provincial para o servizo de axuda a domicilio.
A Pontenova, 17 de xullo de 2012. Esta mañá, a voceira nacionalista da Pontenova, Mónica Rancaño, manifestou a través desta nota de prensa aos medios a súa crítica ao brutal recorte que a Xunta de Galiza vén de aplicar no sistema de benestar e que vai ter particular incidencia en todos os concellos lucenses de menos de 20.000 habitantes, como é o caso da Pontenova.
Segundo indicou Mónica Rancaño, “os recortes da Xunta poñen en risco na Pontenova o funcionamento do servizo de axuda a domicilio, que no noso Concello presta atención a máis de 70 persoas, e fará case imposible que se poida por en funcionamento o Punto de Atención á Infancia (PAI) que tería que atender a 22 cativas e cativos”. No Concello da Pontenova, hai unhas 70 persoas usuarias directas que se benefician do servizo de axuda do fogar básico cuxo custe ascende a uns  40.000 euros, polo que a Xunta de Galiza deixa  abandonados a un numero importante de persoas, poñendo en risco tamén o emprego das persoas que traballan neste servizo. Rancaño, afirmou que “as axudas da Xunta aos servizos sociais comunitarios xa foron recortadas os anos 2010 e 2011, especialmente no que se refire ao Servizo de Axuda no Fogar. O Plan de 2011 dispoñía de preto de 24 millóns de euros para as prestacións sociais básicas, servizos sociais comunitarios e plan de desenvolvemento xitano, e o goberno do PP os recortou en 2,4 millóns de euros. Para este ano 2012, o plan concertado quedou na metade, en 12,4 millóns de euros. Isto tradúcese en que para o noso Concello, a axuda para este ano será de 0 euros”.
Por outro lado, Mónica Rancaño sinalou que o goberno de Darío Campos  “deixou pasar a oportunidade de solicitar a subvención á Deputación Provincial como alternativa a estes recortes da Xunta de Galicia“, e é que o vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, vén de anunciar que esta Administración subvencionará con 600.000 € o servizo de axuda a domicilio en 64 concellos da provincia. Dentro destes concellos non está a Pontenova, que segundo fontes da Deputación non solicitou esta axuda.
A voceira nacionalista da Pontenova, Mónica Rancaño, fixo fincapé en que “ademais temos que lembrar que o Concello non fixo nada cando desde o BNG pedimos que se buscaran alternativas para a financiación deste servizo, vital para moitas familias do Concello ”, facendo referencia a que para o vindeiro ano “os orzamento municipais non prevén diminución doutras partidas para poder adicar ese aforro ao mantementos dos servizos sociais básicos, senón que simplemente se limitan a subir o servizo un 25 aos seus usuarios”.
Contacto:   apontenova@bng-galiza.org

Foxas Festa 27 e 28 xullo 2012


Esquela funeral José Carballeira Pacio "Casa do Neiro - O Mazo" - Espasande de Abaixo (Riotorto)


Foto Antiguas de la casa de Julio en Xudan


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.