domingo, 18 de octubre de 2009

Mariña Patrimonio inicia el 24 unas jornadas sobre la industria del hierro


La asociación Mariña Patrimonio
inicia el próximo sábado,
día 24, en A Pontenova las Xornadas
sobre Arqueoloxía Industrial,
que tienen como hilo conductor
la industria del hierro y que se
irán desarrollando a lo largo de
los próximos meses en distintos
puntos de la comarca.

Sigue leyendo...



Al acto de presentación de la iniciativa
en Sargadelos, acudieron
Francisco Luis Rodríguez Guerreiro
y Manuel Miranda, miembros
de la asociación y Antonio Veiga,
delegado del área de Cultura de la
Diputación, que patrocina esta
iniciativa.
A la primera conferencia que se
realizará en la villa pontenovesa
hay que sumar una visita guiada,
que recorrerá los municipios de
A Pontenova y Riotorto, ambos
muy vinculados al hierro, que se
celebrará el día 21 de noviembre.
La excursión, ‘Pola ruta do ferro’,
partirá del Museo do Mar de San
Cibrao y recorrerá la Ferrería de
Bogo, el Mazo de Ferreiravella y
distintos puntos de interés de los
ambos ayuntamientos. Las personas
interesadas en participar en
esta actividad pueden ponerse en
contacto con la organización para
la reserva de plaza.
El programa de actos incluye,
finalmente, una tercera conferencia
que se realizará en Viveiro en
el mes de diciembre y que girará
entorno a las huellas materiales
del patrimonio industrial de la
comarca.
Asimismo, este colectivo quiere
acercar a los centros de enseñanza
esta temática mediante una exposición
itinerante que acercará
a los niños el pasado industrial de
A Mariña.

VOLVER A PONTENOVA.ES

A Pontenova ejecuta el saneamiento de dos parroquias


El alcalde de A Pontenova,
Darío Campos, ratificó la
aprobación inicial del proyecto
que terminará la red de saneamiento
en dos barrios de Conforto,
Brandiz y A Cruz, con un
presupuesto de 28.974 euros,
así como aprobó la conexión
a la red existente del abastecimiento
de agua en el barrio
de Fontangordo, en Vilaboa,
que cuenta con un presupuesto
para su ejecución de 13.544
euros. Ambas actuaciones se
exponen este mes en el concello
por si hay alegaciones.

Una brillante remontada permite al Superti sumar su primera victoria de la temporada


El Superti-A Pontenova encontró en Coruxo la histórica victoria que perseguía desde su entrada en la Primera Nacional A. Su juego no desprendió tanto brilló como en citas anteriores, pero el rival era más frágil que los que le habían negado el triunfo a los mariñanos en las primeras jornadas del campeonato.

Tras un inicio desalentador, el Superti remontó antes del descanso, hizo lo propio en el segundo período y pudo vencer por mayor diferencia en el epílogo.

Tendeiros de sempre na Pontenova


A Taberna de Manolo cumpriu 60 anos con fama renovada, pola máquina de envasar chourizos ao baleiro e pola venda de roupa e calzado de montaña.
Na Pontenova chegou a haber 55 tabernas de aldea; hoxe quedan oito. No lugar da Ermida, en Vilaboa, está A Taberna de Manolo, que antes foi do Ferreiro, por seu tío, e logo de Jesusa, súa nai. «Montárona miña nai, unha irmá e un cuñado, daquela estaba solteira e despois agregouse meu pai», conta Manolo Veiga, cando se cumpren 60 anos da fundación da tenda. El criouse no negocio: «Empecei aos 16 anos, como non me gustaba estudiar..., porque era moi badulaque».

Sigue leyendo...




El alí continúa, man a man coa muller, Ángeles Villarino. «Miña nai, con 80 anos, aínda despachaba». Nunca deixou de ser unha taberna de aldea, anque se foi renovando; ten ultramarinos e bar e vende alimentación (froita e conxelados), droguería, ferretería, pensos, calzado e roupa.

Ata se pesaban os xatos

Un pode decidir que pantalón lle convén mentres toma un refresco, algo que moitos clientes valoran. Nesta taberna da Ermida «traballouse o calzado toda a vida», explica Manolo. Seu pai, Francisco Veiga, era zapateiro, un artesán que logo tornou en tendeiro. «De aquí saes cun par de zapatos, unha chaqueta, un saco de penso e un kilo de mazás...», cando non logo de comer un bocadillo.

A máquina de envasar chourizos ao baleiro «é famosa na zona». E ata non hai moito pesábanse becerros, nunha báscula que aínda conservan. «Era o punto de reunión para a entrega dos xatos ao camión, viña xente da Fonsagrada, de Carballido e Veiga de Logares, e tamén da Pontenova, de Vilaboa e San Pedro Bogo, e botaban o día enteiro aquí», lembra.

Antes o negocio tiña horario case continuo, día e noite. Aínda hoxe hai quen vai chamar á porta a horas intempestivas, «iso que a xente se foi mentalizando». O local abre de dez da mañá a dúas da tarde, pecha unha hora para comer e volta ata as dez e medio ou as once. Os domingos pola mañá descansan. «Hai xente que leva toda a vida comprando aquí (outros fuxen ás áreas comerciais), veñen mercar e toman un viño. O trato é moito máis personal, ás veces tes que facer de psicólogo... Atendes á xente o mellor posible».

A revolución do goretex

Xa hai o dito de 'renovarse ou morrer' e ás veces o azar brinda oportunidades insospeitadas. A ruta das Reigadas remata xusto diante da Taberna de Manolo, moitos sendeiristas acaban alí e, ademais de repoñer forzas, poden mercar roupa da marca Trango, calzado de montaña Bestard ou calcetíns térmicos Lorpen, «todo a bo prezo».

«Hai agora 12 anos que empezamos a meternos co goretex, prendas e calzado, e estanos dando moitas satisfaccións», asegura o tendeiro. «A ruta das Reigadas deunos a opción de contactar con asociacións de sendeirismo como Pena Tallada, Pasada das Cabras, Paso Miúdo... Eles veñen e mandan outra xente, cómpranche unhas botas... O boca a boca está funcionando moi ben». Tan ben que a clientela xa non se limita á Mariña; aquí vén xente de Lugo, de Tapia e outros pobos astures, e reciben pedidos ata de Tordesillas.

Tanto traballan que a Manolo non lle queda tempo para os rallies, a súa paixón dende rapaz. Nalgún sitio garda o vaso no que tomou un café con leite Carlos Sainz, que veu á taberna con Sergio Vallejo, vello amigo da casa. A súa nai sempre lle gustou a lectura, que tivo que deixar aos 93 pola vista; de nova, pintaba. Dela aprendeu a arte de manexar o negocio. «Toda a vida me gustou a tenda», di. E de crise, de momento, nada de nada: «Estámonos superando ano a ano».

VOLVER A PONTENOVA.ES
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.