domingo, 6 de febrero de 2011

O viario de Ribadeo a Porto rexistrou en 2010 dez accidentes, catro máis que en 2009

A N-642 ao seu paso pola costa segue sendo un dos principais puntos negros das estradas da Mariña. Aínda que o informe EuroRap do ano pasado, que se elabora con base á sinistralidade rexistrada na Rede de Estradas entre os anos 2007 e 2009, desvelou que o tramo entre Nois e San Cibrao era o de maior perigo, xunto ao da N-640 ao seu paso pola Pontenova, o certo é que o que discorre entre Ribadeo e Porto non queda atrás. É máis, na zona rexistráronse en 2010, dez accidentes, catro máis que en 2009.
A veciñanza advirte de que cada vez que chove hai unha saída de vía ou unha colisión e insta o Ministerio de Fomento a asfaltar o firme, polo menos nas curvas que conforman o trazado nos seus pouco máis de nove quilómetros, pero Estradas, que licitou recentemente a reparación da N-640 da Pontenova a Vegadeo, non confirmou que fose facelo.
Fuente: El Progreso

A Pontenova mima el Eo.


Recibimos moitos comentarios criticos con este titular, ainda que nos non publicamos este suplemento da Voz de Galicia  na paxina, xa que non saiu na edicion dixital. Recordaredes que é un suplemento sobre A Pontenova que publicou A Voz. Non temos nada que ver con ese suplemento nin nada do que nel saiu se colleo desta paxina, foi unha reportaxe moi boa feita polos nosos amigos do xornal. As criticas, entre outras, van dirixidas o titular " A Pontenova mima el Eo". As seguintes fotografias demostran o descontento dos veciños da Pontenova que van dirixidas contra Hidrograficas do Cantabrico e que claramente mostran un mes despois da ultima crecida, que A Pontenova, precisamente non mima o Eo, senón todo o contrario, pois segun indican, foron tomadas dous dias despois desa publicación no centro da vila.


 Mas fotos

Veo Veo

Donde esta esto?



Empezarán a traballar, como data límite, o 1 de marzo


Os aspirantes a conseguir un emprego residentes nos concellos mariñanos que teñen menos de cinco mil habitantes ou con menos de 500 parados xa pasaron as primeiras probas. Desde a Deputación informan que éstas se desenvolveron no polideportivo Antonio Tarrío de Viveiro, ao que asistiron os aspirantes de Xove, Ourol, Muras e O Vicedo; no pavillón do instituto de Burela realizaron os exames os demandantes de Cervo, Alfoz, Lourenzá, Mondoñedo e O Valadouro, e no CIT de A Pontenova os aspirantes deste municipio, de Barreiros e de Trabada.

SPORTING PONTENOVA Adianto resultados

Autonomica: 
Xermade 2-0 Sporting Pontenova

Xuvenil:
Sporting Pontenova 0-2 San Ciprian
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.