domingo, 6 de febrero de 2011

O viario de Ribadeo a Porto rexistrou en 2010 dez accidentes, catro máis que en 2009

A N-642 ao seu paso pola costa segue sendo un dos principais puntos negros das estradas da Mariña. Aínda que o informe EuroRap do ano pasado, que se elabora con base á sinistralidade rexistrada na Rede de Estradas entre os anos 2007 e 2009, desvelou que o tramo entre Nois e San Cibrao era o de maior perigo, xunto ao da N-640 ao seu paso pola Pontenova, o certo é que o que discorre entre Ribadeo e Porto non queda atrás. É máis, na zona rexistráronse en 2010, dez accidentes, catro máis que en 2009.
A veciñanza advirte de que cada vez que chove hai unha saída de vía ou unha colisión e insta o Ministerio de Fomento a asfaltar o firme, polo menos nas curvas que conforman o trazado nos seus pouco máis de nove quilómetros, pero Estradas, que licitou recentemente a reparación da N-640 da Pontenova a Vegadeo, non confirmou que fose facelo.
Fuente: El Progreso
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.