SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 7
O SPORTING ENGANCHASE A ZONA ALTA
SPORTING PONTENOVA 3 - S.D.C. SACIDO 1
Sp. Pontenova: Ruben, Bruno (Luisin), Luismi Rivas, Anxo, Ivan Fdz, Garboso, Maketo, Tontxu (Caseto), Villaouruz (Keitas), Jorge (Venancio) e Adrian Pasarin (Cristian).
Goles: Jorge, Villaouruz e Adrian Pasarín.
O Sporting non desaproveitou a oportunidade para asentarse nos postos cómodos da clasificacion e venceu o Sacido, equipo que o precedia na táboa, por 3-1.
O equipo gualdinegro saiu moi enchufado e aos 15 minutos xa mandaba por 2-0 no marcador. Jorge, logo dunha boa xogada de Adrian Pasarin, e Ivan Villaoruz despois dunha contra de libro levada por Adrian Pasarin e Jorge eran os autores dos goles. Na primeira metade o equipo local puido ampliar a súa ventaxa, pero a falta de acerto e o porteiro visitante impedirono.
|
Jorge, protagonista do partido. |
Na segunda metade, o Sacido recortou diferencias cun penalti dubidoso, pero antes da media hora de xogo, Adrian Pasarín sentenciaba o encontro, e con este xa van 12 tantos do dianteiro asturiano.
Importante victoria do equipo de Dani Moirón que se sitúa 5 clasificado e asegura a salvación de forma virtual. Con esta xa é a quinta victoria consecutiva, con 15 goles a favor e 2 goles en contra.
A vindeira semana o equipo desprázase o sempre dificil Municipal de Abadin para enfrontarse ao equipo local. O partido será o Domingo as 16:15h.
¡Aúpa Sporting!