domingo, 16 de mayo de 2010

Camiño de Santiago. Etapa #4 - Lugo - 6 ou 8 kms de San Román da Retorta para aló

A etapa da hoxe foi moooi longa. A todo o mundo lle pareceu longa de máis. Fixemos a etapa que corresponde máis 6 ou 8 quilómetros (inicialmente eran 18) para ir restándollos á última etapa para chegar a Santiago a tempo para adquirir a Compostelana e ir á misa. Depois comimos en "Las Bridas" en Lugo, lugar que lle gustou moito á xente. Comimos paella, carne asada con patacas e tarta helada de turrón. Para ver o albume pinchade, coma sempre, na imaxe. Disculpade se non saímos todos, pero desta vez fun dos últimos todo o camín e tropeceime con poucos peregrinos polo camín... O último día estaría ben facer unha foto de todo o grupo, por exemplo, na praza do Obradoiro.

LECER NA PONTENOVA2

Creo que o letreiro inda se conserva na fachada do taller, vemos o taller de Macón o fondo e unha curiosa camioneta.

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.