lunes, 29 de julio de 2013

Cea da generación do 70

Nombre:Juan "Deveso"

Asunto:cena generación ¨70

Mensaje:Cena Generación 70

Celébrase o día 31 de agosto. Os que desexen ir, contactar antes do día 28 de agosto con:

Mercedes: 606579648
Juan: 609913645

Un centenar de persoas desfrutaron este sábado na Pontenova das actividades gratuítas que ofrece a Deputación

A Deputación leva o seu programa medioambiental e lúdico Lugoteando ó concello da Pontenova. A iniciativa, que está financiada nun 80 % con fondos Europeos, propón actividades gratuítas coas que se pretende é ofertar novos programas de lecer para os Lucenses ó tempo que potenciar o medio natural que nos rodeas para establecelo como un factor que xere riqueza e emprego. O lugar escollido para a realización desta iniciativa foi o Pazo da Ola, un espazo natural con moito potencial para realizar este tipo de proxectos. As actividades que se ofertaron na Pontenova foron moi variadas. Os xogos estendéronse durante máis de 5 horas. Navegar polo río en pequenas embarcacións, montar en bolas acuáticas, practicar paddle surf ou esquí acuático foron só algunhas das ofertas entre as que as pontenovesas e os pontenoveses puideron elixir. Logo do éxito das edicións anteriores, Ó redor de 100 persoas achegáronse esta tarde ata o Pazo da Ola para participar das actividades propostas pola Deputación. (...)

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.