lunes, 17 de marzo de 2014

Ultimas plazas para La Ruta del Cares y La Costa del Sol en Semana Santa


Quedan muy pocas plazas disponibles para La Ruta del Cares y La Costa del Sol en Semana Santa. Asimismo se informa que no hay plazas para el viaje a la Ruta Colombina y El Algarbe .



SPORTING PONTENOVA. A XORNADA

SEGUNDA CATEGORIA REXIONAL

O SPORTING NON LEVANTA CABEZA

Sporting Pontenova 1 - S.D. Valadouro 3

Sp. Pontenova: Ivan, Marcos Conde, Manu (Arango),Luismi (Luis), Patxi, Ivan Fdz, Anxo, Jorge, Tontxu, Carlos (Keitas) e Garboso (Puente).

Gol: Anxo

Partido vital o que tiña o Sporting este fin de semana fronte o lider, a S.D. Valadouro. O equipo gualdinegro non foi capaz de sacar nada positivo ante a pegada do equipo visitante. 

Logo dunha primeira metade igualada na que o Sporting dispuxo das mellores ocasións, no tempo de desconto o Valadouro adiantábase logo dunha falta lateral, subindo o 0-1 ao marcador.

Na segunda parte, a S.D. Valadouro, xogando a favor do aire, levou o peso do partido, polo minuto 20 marcaba o 0-2 logo dunha falta de contundencia da zaga local. Cinco minutos mais tarde, un claro penalti na área visitante sinalado polo árbitro, Anxo recurtaría deferencias. Con moito tempo por diante o Sporting veuse arriba, pero seria a falta de 5 min cando o Valadouro nunha contra sentenciaba o partido.

Con este resultado o equipo de Dani Moirón metese en claros poblemas clasificatorios polos posibles arrastres de superiores categorías.

Na vindeira xornada disputará un partido clave no Martinez Otero en Foz. O partido será o domingo as 16:30h. A expedición saldrá as 14:45h do Bar Puente. 

PRIMEIRA AUTÓNOMICA XUVENIL

O SPORTING NON SE SOBREPÓN AS BAIXAS E CAE NO ACEBREIRO

U.D. Pastoricense 6 - Sp. Pontenova 0

Sp. Pontenova: Borja Rodriguez (David), Comendeiro (Andrei), Mourelle, Roi, Juan, Rodrigo, Pedro, Adrian, Ovidiu, Trulli e Carri.

O conxunto xuvenil, dirixido por Andrés Bouza, desplazouse A Pastoriza mermado polas baixas, e non foi capaz de competir ante un Pastoriza moi superior. Os 5 minutos xa mandaba no marcador.

Borja Lombardero, Alvaro, Bruno, Josito e Villarquide, xogadores importantes no cadro gualdinegro non puideron disputar o partido por lesión

Na vindeira xornada da previa da copa visitará A Mina o C.D. San Ciprian.

LIGA DO NORTE VETERANOS

PRIMEIRA E IMPORTANTE VICTORIA DA TEMPORADA

A.V. Ribadeo 0 - Sporting Pontenova 1

Sp. Pontenova: Rodriguez, Barrera, Sachas, Noe, Carlos Sandonguero, Fidel, Manolo Gavelo, Roberto Piensos, Gus Martinez, Juanfri, e Marino. Tamen xogaron: Nihat, Ramón Tren e Alex Caseto. 

Gol: Alex Caseto

A boa nova da xornada chegou da man do equipo veterano. Non puido ter mellor debut Alex Caseto,que marcou o gol da victoria gualdinegra na súa visita o Campo da Devesa para enfrontarse a A.V. Ribadeo.

Primeira victoria da temporada para o cadro que dirixe Sachas, que contaba con importante baixas para este partido pero conseguiu sacalo adiante.

A liga fai un parón para disputarse o Cuartos de Final da copa, que nos enfronta a S.D. Burela, o sábado 29 do Campo da Mina a partido único. 

¡Aúpa Sporting!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.