lunes, 6 de abril de 2009

Sporting Xuvenil 4 - 0 Xove Lago‏


A lóxica cumpliuse, e o Sporting Pontenova xuvenil clasificouse para a promoción de ascenso a Liga Galega despois de derrotar ao Xove Lago por un contundente 4-0.
Dar as gracias a aficción, moi numerosa, que asistiu o partido e non deixou de apoyar ó equipo local, e que durante toda a temporada estivo ahí e sobre todo en momentos como o deste sábado ou o partido de Foz que non fallou a cita e foi de gran axuda, moitas gracias.E por último, agradecer a todo o equipo, dende o xogador que máis minutos xogou, ao que menos, e o que máis goles marcou, ata o que menos, porque todos colaboraron dunha forma moi exitosa para que esto se cumplira, cun compromiso grande e cunha ganas tremendas dende o primeiro partido da temporada, sufrindo en partidos moi dificiles como Meira ou Burela e remando sempre todos na mesma dirección, non nos podemos olvidar de ningún xogador xa que todos foron moi importantes.

Sigue leyendo...



O partido comezou moi igualado, con un Xove moi correoso e moi peleón que puxo en dificultades ó equipo local,pero no minuto 20 da primeira parte, tras un gran pase de Leivas, Christian facia o 1-0, e uns minutos máis tarde o propio Christian facía o segundo gol rompendo así a súa mala racha cara a porteira rival que xa duraba dende o partido do Foz da 1ª volta.Así se chegou ó descanso,cun resultado moi tranquilo e cómodo para os intereses locais.Xa na 2ª parte, Jorge facía o terceiro de falta ó borde de área e de novo Christian completaba o seu hat-trick cun tiro dende dentro da área.Así rematou o partido e o Sporting xuvenil está clasificado por 1ª vez na súa historia para a fase de ascenso a Liga Galega.
A derradeira xornada de Liga, disputarase no campo de Santa Cruz en Lorenzana cun partido sen trascendencia logo de acadar matematicamente o obxectivo marcado a principio de temporada.VOLVER
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.