viernes, 24 de abril de 2009

ENCARNA ROIS FREIJO, Presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de A Pontenova


A Asociación de Mulleres Rurais de A Pontenova ultima para mañá, sábado, a súa primeira xuntanza anual. O colectivo que preside Encarna Rois (Villameá-A Pontenova, 1956) conta cuns 280 socios.
«Aínda que a poboación vai a menos, o número de socias vai a máis»

Sigue leyendo...




-¿Hai moita xente dos núcleos rurais metida na asociación?

-Dos arredores hai bastante. Aínda que a poboación vai a menos, o número de socias vai a máis, pero somos moitas...

-Pero é bo que participe a xente.

-Si... pero quero dicir que somos moitas asociacións na Pontenova e estamos metidas en todas, e economicamente ao final...

-Fáleme da xuntanza de mañá.

-Este sábado ás 13.30 haberá misa, despois a comida con pinchos no Local das Sociedades e baile.

-¿Fan todos os anos esta reunión?

-É a primeira vez. A ver se se animan máis... ou será que se nota a crise, porque son 20 euros o que hai pagar.

-Máis actividades previstas.

-Temos unha visita ás covas de Valporquero para o 14 de xuño, e a finais de maio unha excursión a Lourdes. Hoxe facemos a cea de despedida do curso de patchwork e en xuño acabaremos o de tapicería. No verán traballamos menos porque a xente participa menos nas actividades.

-Pero animan o resto do ano

-Si, para cando non hai moito para facer, cando non tes saídas ás festas ou á praia. Os cursos terminan en xuño. Tamén temos ximnasia e fixemos unha procesión de Semana Santa.
VOLVER
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.