jueves, 12 de febrero de 2009

CARLOS BERMÚDEZ Presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos da Pontenova


Por segundo ano consecutivo, a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de A Pontenova que preside dende decembro do 2007 Carlos Bermúdez (Figueirúa-A Pontenova, 1964) prepárase para celebrar na localidade a Ruta das Tapas, na que dezaseis locais ofrecerán tapas propias do carnaval como de cocido ou filloas recheas, outras diferentes e innovadoras. Bermúdez destaca a labor conxunta que fai toda a xunta directiva da Acia pontenovesa.

Ver entrevista...




-¿É difícil presidir unha asociación coma esta?

-Difícil non é nada, so hai que ter forza de vontade e gañas de facer cosas. O traballo faise con interese e sabendo que tes que perder horas do teu tempo libre, moitísimo tempo libre. Se queremos que haxa algo alguén ten que facelo. Estamos asociados á Federación Galega de Comercio.

-¿Como está pasando estes tempos o comercio?

-O comercio en si e cada vez ten máis dificultades en todos aspectos, hai máis competencia, das grandes superficies... No comercio pasa como en todas as cousas.

-E repiten coa Ruta das Tapas.

-Se repetimos o éxito do ano pasado nos damos por satisfeitos. Fora grandísimo. Ademais este ano participan case todos os hostaleiros, quitado dous. A resposta foi case masiva.

-A clave do éxito, ¿cal é?

-O factor máis importante é que a tapa é gratuíta. Noutros lados hai que pagar e aquí so se paga a bebida.
VOLVER



Mitin del psoe en A Pontenova

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.