lunes, 30 de octubre de 2017

Esquela funeral Benigno García Maseda "Casa Firme - Neipín"

Clic para ampliar

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

PRIMEIRA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 3

C.D. SANTABALLÉS 1 - SPORTING PONTENOVA 0

Sp. Pontenova: Rubenón, Puente, Davicin (Moro), Bruno (Franchi), Salva (Borja), Fran, A. Bouza, Tontxu, Adrian Pasarín, Matelo e Alex. 



O Sporting Pontenova non foi capaz de traer nada positivo na súa visita ao Campo de A Liga (Santaballa). Un solitario gol no minuto 20 chegoulle ao equipo local para quedar cos tres puntos. O equipo de Dani Moirón non se deu adaptado ao campo nin ao xogo fisico do rival, e non foi capaz de collerlle o ritmo ao partido. A pesar diso, o equipo estivo vivo ata o final con opción de puntuar.

Con este resultado o equipo de Dani Moirón acumula dous resultados negativos, en sendas saídas consecutivas, sen conseguir ver porta en 180 minutos, ainda que non perde ningun posto na táboa clasificatoria, e segue mantendo a distancia cos postos de descenso. 

A vindeira xornada visita o Campo de A Mina a U.D. Xove Lago, equipo que actualmente ocupa a 2ª posición e que é un dos chamados a estar na zona alta da clasificación. O partido será o vindeiro Domingo 02.11.2017 as 16:30h no Campo de A Mina. 

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 6

SPORTING PONTENOVA 5 - S.D. OUTEIRO DE REI 1

Sp. Pontenova: Diego, Alberte, Adrián, Alvaro, Miguel, Juan, Iago, Esteban, Diego, Pedro e Christian. Tamen xogaron: Gabriel e Fran. 

Goles: Christian II, Gabriel, Fran e Juan


Sen despregar o xogo de outras xornadas, o Sporting Pontenova conseguiu unha victoria coa que suma sete dos últimos nove puntos en xogo. Ao descanso os locais gañaban por 1-0, unha renda escasa para as ocasións creadas. Na reanudación o Outeiro empatou o encontro, pero a igualdade durou so uns minutos. O segundo e o terceiro gol dos locais e a falta de xogadores de refresco romperon o partido ne Mina. 

A vindeira xornada o equipo dirixido maxistralmente por Andrés Bouza desprázase a terras chairegas para medirse ao C.D. Castro, nun partido que terá lugar o Sábado 04.11.2017 as 16:00h 
L.G.F. SEGUNDA DIVISIÓN FEMENINA. GRUPO 1

UNION CAMPESTRE 2 - RIBADEO F.C./PONTENOVA 2

Ribadeo F.C./Pontenova: Lorena, Sheila, Sabela, Eva, Ángeles, Lucia, Verónica, Aranzazu, Chary, Nuria e Irene. Tamen xogaron: Izaskun e Tania. 

Goles: Irene e Aranzazu


SEGUNDA ALEVÍN F-8. LUGO NORTE

E.D.M./SPORTING PONTENOVA 7 - VIVEIRO C.F. "B" 0

E.D.M./Sporting Pontenova: Brais, Iago, Marcos, Ismael, David, Mario, Ruben e Paula. Tamen xogaron: Diego, Yeray, Miguel, Iker, Samuel e Bruno

Goles: Mario II, Samuel II, Ismael, Paula e Marcos. 


¡AÚPA SPORTING!

Samain no Mesón O Mazo de Ferreiravella


Recorda, o 4 de novembro temos Maxia na Casa do Fidalgo

Resultado de imagen de casa do fidalgo
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.